Inma López Silva

1.Inma López Silva

Inmaculada López Silva é unha escritora e crítica teatral compostelá nacida o 3 de maio de 1978.

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Unha vez rematada a carreira, obtivo unha bolsa para facer o posgrado de Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbona en París.

Actualmente é docente de Teorías do Teatro na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Nome completo: Inmaculada López Silva

Datas: 1978

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Narrativa; Teatro

Grupo asociado: Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Ocupación: Escritoras; Críticas literarias

Lingua: Galego

Web: http://www.inmalopezsilva.com/

Twitter: https://twitter.com/inmalopezsilva

O seu labor literario como crítica teatral é moi amplo e é autora dunha ducia de libros, columnista en la Voz de Galicia. Ademais, ten publicadas críticas na Revista Galega de Teatro, Tempos Novos, ADE ou Grial.

Mostrou o seu interese político e concorreu con Compromiso por Galicia nas eleccións galegas do ano 2012 e nas europeas do ano 2014.

Reside en Vigo pero visita frecuentemente Santiago de Compostela xa que, segundo palabras da autora, quere que as súas fillas se sintan de Compostela.

Recibiu numerosos premios ao longo da súa traxectoria. O seu primeiro galardón foi aos 18 anos por Neve en abril, unha novela sobre a Guerra Civil. Ten outros premios importantes das letras galegas como Premio Xerais en 2002 por Concubinas, Premio Branco Amor en 2007 e Premio á mellor obra narrativa da AELG (2009) por Memoria de cidades sen luz; Premio de “Creación Literaria” da Fundación Ínsua dos Poetas (2016) ou o Premio Antón Losada Diéguez (2017) por Aqueles días en que eramos malas.


Narrativa

  • Rosas, corvos e cancións (2000, Galaxia).

  • Concubinas (2002, Xerais). Protagonizada por mulleres dunha familia nun escenario mítico chamado San Eirís, conta a historia de amor e vinganza que supera as fronteiras do espazo e do tempo. Foi traducida ao español en 2009 , editorial Ámbar.

  • Neve en abril (2005, Galaxia). Historia ambientada na Guerra Civil. López Silva recibiu o Premio Rúa Nova 1996.

  • Non quero ser Doris Day (2006, Biblos Clube).

  • New York, New York (2007, Galaxia). Foi traducida ao castelán en 2008 pola editorial barcelonesa El Andén.

  • Memoria de cidades sen luz (2008, Galaxia).

  • Tinta (2012, Galaxia).

  • Aqueles días en que eramos malas (2016, Galaxia). A historia dunha monxa, unha prostituta, unha muller colombiana e unha funcionaria de prisións que comparten módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas, comparten as súas confesións e emocións.

  • O libro da filla (2020). Galaxia.

Ensaios

  • A recepción do teatro galego contemporáneo (1990-2000). Publicado en 2003, Universidad de Santiago de Compsotela.

  • Teatro e canonización: a crítica teatral na prensa periódica galega (1990-2000). 2005, Tris Tram.

  • Maternosofía (2014, Galaxia). Recolle o diario dunha escritora que experimenta a maternidade por primeira vez. Faise tamén a pregunta Hai equivalencia entre escribir e parir?

  • Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego (2016, Universidad de Santiago, Xunta de Galicia).

  • Chámame señora pero trátame coma a un señor (2018, Galaxia).

Colaboraciós en obras colectivas

  • VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta 1998 (1999, Concello do Grove).

  • Mini-relatos (1999-Libraría Cartabón).

  • Caso Torneiro: 1898-1975, en Narradoras (2000, Xerais).

  • Teatro, cerimonia e xogo: a traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal (2001, Tris Tram).

  • Ramón de Valenzuela e o teatro: exilio escénico en Bos Aires, en Congreso Internacional o Exilio Galego (2001, Santiago de Compostela).

  • Unha autora para a Odisea ou a noiva superdotada de Harold Bloom, en Escrita e Mulleres: doce ensaios arredor de Virginia Woolf (2003, Sotelo Blanco).

  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (20003, Consello da Cultura Galega).

  • Curros Enríquez e o teatro: desde autos simbólicos ata zarzuelas de salón, en Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o seu tempo” (Celanova, 13-15 setembro do 2001).

  • Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).

  • A recepción crítica do teatro de Manuel Lourenzo, en Palabra e acción: a obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego (2006, Tris Tram).

  • Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939). (2006, Xerais).

  • Poetas e Narradores nas súas voces (2006, Consello da Cultura Galega).

  • Campus stellae: haciendo camino en la investigación literaria, vol. II (2006, Universidad de Santiago de Compostela).

  • Literatura dramática: unha aproximación histórica (2007, Galaxia).

  • Desde el sur: el discurso sobre Europa: Actas del X Simposio Internacional de la Asociación Andaluza de Semiótica (2007, Universidad de Granada).

  • Mil e un cunqueiros: novas olladas para un centenario: do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 (2014, Consello da Cultura Gallega).

  • Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo).

  • El teatro gallego en el exilio republicano de 1939 como coordinadora (2015, Renacimiento).

  • O libro dos libros (2018, Galaxia).

Traducións

  • Calígula. O malentendido, de Albert Camus (2009, Galaxia).

  • As criadas. O balcón, de Jean Genet (2010, Galaxia).


Bibliografía:

Imaxes:

  1. Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB), Inma López Silva (AELG)-1, CC BY-SA 3.0