Antonio López Díaz

1.Antonio López

Nacido en Cabarcos (Barreiros) en 1964, é un xurista e catedrático galego especializado en Dereito Financeiro que, na actualidade, ostenta o posto de Reitor da USC.

Estudou no Seminario de Mondoñedo, rematando bacharelato na mesma localidade. Rematou a súa licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986, doutorándose en 1991.

Nome completo: Antonio López Díaz

Datas: 1964-

Lugares: Cabarcos, Barreiros, Lugo

Campo de actividade: Ensino; Dereito; Universidade

Grupo asociado: Universidade de Santiago de Compostela

Ocupación: Catedráticos; Reitores

Lingua: Castelán

Entre 1998 e 2002 formou parte do equipo reitoral de Darío Villanueva, sendo o encargado de Infraestruturas e de Coordinación do Campus. Tres anos máis tarde en 2005, é elixido decano en Dereito, e mesmo en 2007 foi elixido como Conselleiro de Contas polo Parlamento de Galicia, e presidiu a institución como Conselleiro Maior ata 2010.

En 2013 retorna á Universidade e preséntase para reitor cara ás eleccións de 2014, aínda que terá máis sorte en 2018, derrotando a Juan Viaño (2014-2018).

Nunha entrevista en abril de 2018, López Díaz postulou que habería que traballar pola renovación e equilibrio entre áreas, ademais de refinanciar a débeda e loitar por un plan de financiamento que mellorase a oferta e calidade da docencia compostelá.

Imaxes:

  1. Antonio López:

PENDIENTE ENLACES

Enlaces a datos e catálogos