Manuel Linares Rivas

1.Linares-Rivas

Manuel Linares-Rivas Astray (Santiago de Compostela 1866 - A Coruña 1938) foi un político e dramaturgo galego.

Era fillo de Aureliano Linares Rivas, destacado xornalista, xurista e político, que influiu moito na súa participación na política tras estudar Dereito.

A unha idade moi nova comezou a ter problemas auditivos, que serán unha traba nos seus obxectivos políticos e sociais. Afiliouse no Partido Conservador chegando a ser Deputado nas Cortes en 1904.

Nome completo: Manuel Linares-Rivas Astray

Datas: 1866-1938

Lugares: Santiago de Compostela; A Coruña

Campo de actividade: Política; Teatro

Grupo asociado: Partido Conservador; Sociedad Linares Rivas

Ocupación: Políticos; Dramaturgos

Lingua: Español

Non terá problema no referente aos seus dotes dramaturgos, pois publicará numerosas obras e estrenará representacións teatrais a pesar das diferencias co seu pai, que prefería que non se centrase no que el consideraba unha "mera afición".

A pesar das discusións co seu pai, sinte unha admiración incrible por el e, tras a súa morte, pide poder usar os seus apelidos como primeiro e seguir conservando o materno como segundo, algo que conseguiu sen problemas.

O seu labor dramaturgo non tiña só unha función comercial, pois existían organizacións de afeccionados, como a Sociedad Linares Rivas que farían del un dos dramaturgos con máis éxito nacional no primeiro terzo do século XX e cunha extensa publicación de obras das que moitas foron postas en escena.

Durante moitos anos, foi o dramaturgo preferido da burguesía madrileña e provinciana. O seu teatro presentaba problemas morais ou sociais, típico do Naturalismo, cunha linguaxe rápida, natural e directa. Cabe sinalar que había disputas entre os empresarios teatrais para estrenar as súas obras no primeiro terzo do século XX, así como de grandes actores e actrices para protagonizar os seus personaxes. Estes semellaban marionetas que se deixaban influenciar sen ter idea algunha do que obedecían. Eran simples máscaras, como nas comedias ou traxedias do mundo clásico.

Recordado máis ben pouco a día de hoxe, coñécese máis por ser o fillo de Aureliano Linares Rivas que por ser un dos dramaturgos máis populares de inicios do século XX, posiblemente, pola caída da Coruña nas mans da Falanxe e a indiferencia entre estes e os ideais progresistas de Linares, a pesar de que este estaba nas filas do Partido Conservador. Polo tanto, non foi respectado nin na esquerda nin na dereita.

A súa obra ten máis de 100 publicacións, entre as que podemos destacar Los olvidados ou Fantasmas.

Morreu na Coruña en 1938. A Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña conserva algúns dos seus manuscritos inéditos.


Bibliografía:

Imaxes:

  1. Linares-Rivas: Antoni Esplugas i Puig photographer QS:P170,Q8201207, Manuel Linares-Rivas y Astray-Caneda (ANC-1-402-N-7426), marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons