Alejandra Juno

1.Alejandra Juno

Alejandra Juno Rodríguez Villar, máis coñecida por Alejandra Juno, é unha actriz, escritora, dramaturga e xornalista de Santiago de Compostela, nacida o 9 de decembro de 1973.

Filla de Luis Rodríguez Míguez e Mariluz Villar Otón, é doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e ten un mestrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña.

Nome completo: Alejandra Juno Rodríguez Villar

Datas: 1973-

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Cine; Literatura; Xornalismo

Grupo asociado: Juno Teatro

Ocupación: Actrices; Escritoras; Dramaturgas; Xornalistas

Lingua: Español

Comezou dende moi nova no teatro. Con sete anos entrou no Estudo de Artes Escénicas de Ourense que dirixía a súa nai.

Na actualidade, dirixe o grupo de teatro "Juno Teatro" e realiza escritos dramáticos. Traballou como guionista na TVG, en Luar e na serie Terra de Miranda.

Está traballando nunha tese sobre o grupo de teatro de Compostela Ditea, dirixido polo seu pai, e tamén realiza artigos sobre cine publicados en El Correo Gallego.

No 2010 publicou dúas das súas obras de teatro coa Editorial Fundamentos: Eurolé e El retablo de las criadillas.

Por último, cabe destacar que en 2012 publicou o libro Cuando Compostela subió el telón, que trata os primeiros dez anos do grupo Ditea.


Obra:

  • El retablo de las criadillas (2007).

  • El retablo de las criadillas / Eurolé. Batallitas del viejo continente (2010).

  • Europaz.

  • Cuando Compostela subió el telón (2011).


Como guionista:

  • Libro de familia, 2005, Serie de TV.

  • Luar, 1 episodio, 2003.

  • Terra de Miranda, 2001, Series de TV.

Fontes:

  • "Cuando Compostela subió el telón", Editora Alvarellos, https://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?sec=8&no=Oeste%20[divulgaci%F3n&id=103&titulo=CUANDO_COMPOSTELA_SUBI%D3_EL_TEL%D3N&autor=Alejandra_Juno [Consultado o 25/01/2019].

  • "Biografía", en alejandrajuno.com, <http://www.alejandrajuno.com/biografia/> [Consultado o 25/02/2019].

Imaxes:

  1. Alejandra Juno: