Ángel Jorge Echeverri

1.Ángel Jorge Echeverri

Ángel Jorge Echeverri (Santiago de Compostela, 1904-1984) foi un recoñecido medico especializado en Anatomía e pioneiro no uso de próteses acrílicas en Galicia dende a súa clínica privada.

A súa carreira académica comezou estudando Medicina en Santiago, acadando o posto de Profesor Adxunto da Cátedra de Anatomía descritiva e topográfica e Técnica Anatómica da Facultade de Medicina en 1929. Continuou esta carreira con estudos en Bélxica, Francia e Portugal e publicou traballos en numerosas revistas estranxeiras.

Nome completo: Ángel Jorge Echeverri

Datas: 1904-1984

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Medicina

Grupo asociado: Universidade de Santiago

Ocupación: Médicos; Catedráticos; Reitores

Lingua: Español

En 1931 obtivo o grao de Doutor en Medicina e Cirurxía na Universidade de Madrid e colaborou en diferentes institucións. Finalmente obtivo a Cátedra de Anatomía descritiva e topográfica na Facultade de Medicina en Compostela. Foi o Secretario desta Facultade, publicou numerosos artigos e pronunciou múltiples conferencias.

En 1942 ascendeu a vice-decano, para logo pasar a decano en 1955 ata que finalmente converteuse en Reitor da Universidade de Santiago en 1960, posto dende o que levou a cabo moitas melloras pero que perdeu pola súa actitude moderada segundo o réxime franquista durante as revoltas do 68.

Pertenceu a numerosas institucións médicas, publicou centos de traballos e recibiu numerosas condecoracións. É fillo predilecto de Santiago de Compostela e ten unha rúa co seu nome.

Imaxes:

  1. Ángel Jorge Echeverri: