Mª Francisca de Isla y Losada

María Francisca Isla Losada (Santiago de Compostela 1734 - 1808) foi unha poetisa galega. Tamén foi a editora da obra do seu medio irmán José Francisco de Isla, o Padre Isla.

Proviña dunha familia acomodada santiaguesa, e era a sexta de nove irmáns que tivo o matrimonio Isla-Losada.

A súa infancia transcorreu no Pazo de Altamira e recibiu unha formación acorde ao ambiente clerical, universitario e ilustrado da cidade.

Nome completo: María Francisca de Isla y Losada

Datas: 1734-1808

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Poesía; Edición

Grupo asociado:

Ocupación: Escritoras; Poetas; Editoras

Lingua: Español

Nesa época, ás mulleres estáballes prohibido o acceso á universidade pero a posición familiar e os lazos de relación cos xesuítas fixo que entrase en contacto con mulleres da clase culta (María Teresa Caamaño, Antonia Varela de Castro,...) o que lle proporcionará certa sona. Esta sona permitiu o seu ingreso como socia na Academia de Belas Artes de Lisboa.

Segundo diversas fontes, tamén terá relación con clérigos fundadores da Sociedade Económica de Amigos do País como Páramo Somoza, Sánchez Vaamonde e co ilustrado coruñés Cornide Saavedra. Sen embargo, María Francisca non pertenceu a esta Sociedade porque as mulleres tiñan prohibida a súa entrada. Pero, sen dúbida, hai 3 persoas que destacan neste entorno de relacións culturais e que van determinar a súa actividade intelectual: o Padre Isla, A. Cernadas de Castro, primeiro cura de Fruime e o arcebispo Bocanegra.

Entrando xa na súa vida persoal, contraeu matrimonio cun cobrador de aduanas, Nicolás de Ayala. O matrimonio durou 20 anos (1754- 1774) ata a morte do marido e a súa vida pasará por momentos delicados: dende enfermidades persoais, ata exilio e morte por enfermidades de familiares e persoas próximas.

Sabemos de M. Francisca que tivo varios alcumes ao longo da súa vida: "Perla Galega", empregado polo P. Isla, durante a súa xuventude; "Musa Compostelá" empregado polo Cura de Fruíme e " Filis", empregado polo Cura de Fruíme nas súas composicións.

A nivel artístico, o máis documentado sobre a "Musa Compostelá" atopámolo a tres niveis antes mencionados:

  1. Poético-literario: Despedida de Lidia y Armindo, Décima al arzobispo Bocanegra, Soneto al arzobispo Bocanegra,... e Romance al cura de Fruíme ( A. Cernadas de Castro).

  2. Epistolar: por desgraza, a maior parte das cartas perdéronse ou foron eliminadas pola mesma autora. A maior parte das recuperadas son conversas entre ela e algún dos seus irmáns ou co seu home.

  3. Editorial: a dimensión como editora de escritos do seu irmán, o Padre Isla.

Faleceu na súa casa, na Rúa Nova de Santiago, no ano 1808.

Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos