Iglesias Villaverde, Xiana

1.Título da foto

Xiana Iglesias Villaverde é unha xornalista e deseñadora freelance galega. 

Nome completo: Xiana Iglesias Villaverde

Datas

Lugares: San Salvador de Abeancos, Melide

Campo de actividade: Xornalismo; Deseño

Grupo asociado: Maos Innovación Social

Ocupación: Xornalista; Deseñadora

Lingua: galego

Licenciada en Xornalismo (2006) e Técnica en Artes Gráficas (2014), foi redactora no xornal Galicia Hoxe, no Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia e na Gran Enciclopedia del Camino de Santiago, traballou no Gabinete de Educación de Eganet e foi coordinadora de proxectos en Maos Innovación Social. Desde 2019 traballa como xornalista e deseñadora freelance. 

No ámbito da comunicación, ten elaborado textos "100% artesanais" en redaccións, editoriais e proxectos institucionais nos que participou, cun enfoque xornalístico ou etnográfico, destacando os publicados en Galicia Hoxe ou os realizados para A memoria das mulleres. Sen ser unha profesional da edición, tamén se adentrou no mundo do vídeo coa intención de producir audiovisuais co material obtido durante as súas investigacións, cuxo resultado foron pezas sinxelas que foron divulgadas na web e en redes sociais, en concreto, dous vídeos editados para A memoria das mulleres. Tamén participou en actos e roteiros como presentadora, guía, moderadora ou na creación do guión, principalmente en mesas sobre historia das mulleres. Durante o seu tempo en Maos Innovación Social tamén deseñou e desenvolveu campañas de comunicación, a organización de actos públicos e exposicións así como a xestión de redes sociais institucionais, para institucións como a Deputación da Coruña ou os concellos de Santiago e Pontevedra. 

No ámbito da investigación, participou en proxectos valentes e comprometidos ao redor da investigación do patrimonio inmaterial e a recuperación da memoria. As súas achegas fundamentáronse no traballo de campo, a sistematización do material recollido e a súa difusión. Participou na planificación e o traballo de campo do inventariado e posta en valor do patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés; colaborou no traballo de campo sobre gandeiras, conserveiras e traballadoras en casa allea para os Cafés da memoria do Museo do Pobo Galego; participou no traballo de campo e documental e na produción de contidos para A memoria das mulleres de Pontevedra; e no traballo de campo e a produción de contidos para a salvagarda da historia das mulleres de Arzúa. 

No ámbito do deseño, maquetou e deseñou as unidades didácticas que deseñou a Cooperativa Feitoría Verde para a educación afectivo-sexual e a prevención e transformación de conflitos con nenos e nenas de Primaria. Tamén maquetou folletos e algún estudo; deseñou a imaxe gráfica de varios proxectos, do Festival Rosalía e da Asociación de Maternidades Feministas Galegas; e elaborou os contidos gráficos do proxecto Inventario e posta en valor do patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Bibliografía:

Imaxes:


Enlaces a datos e catálogos