Agustín Hernández Fernández-de Rojas

1.Agustín Hernández

Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.

Nome completo: Agustín Hernández Fernández de Rojas

Datas: 1961

Lugares: Madrid

Campo de actividade: Enxeñería; Política

Grupo asociado: Partido Popular

Ocupación: Políticos

Lingua: Galego; Castelán

No aspecto político, foi Director Xeral de Obras Públicas desde 1998 ata 2005. Foi elixido deputado por Pontevedra no parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 polo Partido Popular, cando o partido liderado por Alberto Núñez Feijóo acadou o goberno da Xunta de Galicia. Hernández foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Cesou no cargo en xuño de 2014 para ser alcalde de Santiago de Compostela, cargo que desenvolveu ata as eleccións municipais de 2015, nas que o seu grupo resultou a segunda forza máis votada, cedendo a alcaldía ao candidato de Compostela Aberta, Martiño Noriega.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Agustín Hernández: Cesgal, Agustin-hernandez-ces-galicia, CC BY-SA 4.0

Enlaces a datos e catálogos