Gómez Veiga, José 

1.Título da foto

O músico e compositor José Veiga Gómez, máis coñecido como Curros, naceu o 22 de xuño de 1866 en Santiago de Compostela. Desde a súa infancia, demostraba un notable talento para a música. Chegou a formar parte do Teatro Principal de Santiago de Compostela como violinista, e a súa destreza levouno a integrarse na capela de música da catedral. 

Nome completo: José Gómez Veiga 

Datas: 1866- 1921

Lugares: Santiago de Compostela - Vigo 

Campo de actividade: Música; Farmacia; Docencia   

Grupo asociado: Banda Municipal de Música de Santiago; Teatro Principal  

Ocupación: Músico; Compositor; Violinista; Farmacéutico; Profesor 

Lingua: Español; Galego 

A capela de Santiago destacaba como unha institución de gran prestixio, comparable mesmo coas estranxeiras. Ser parte dela era moi importante para moitos músicos, xa que lles permitía desempeñar distintos cargos. Aos 15 anos, Curros, solicitou unha praza na capela, sendo rexeitado por conflitos internos na institución. Posteriormente, foi aceptado e, ao mes, ocupou o posto de violinista segundo, meritorio e sen soldo. En 1882, foi designado como interino cunha remuneración de dous reais diarios. Dous anos máis tarde, en 1884, obtivo a súa praza en propiedade, cun aumentou de soldo a 4 reais diario. Con todo, o seu salario foi seguro ata 1896, ano no que decidiu renunciar. Paralelamente, tamén desempeñaba labores no Colexio de Sordomudos e de Cegos, onde cursaba a súa carreira. 

Estando aquí, foi contratado en xaneiro de 1891, dimitindo en xuño dese ano. Entre 1893 e 1894, dedicouse a estudar a carreira de Dereito, a cal cambiou por Farmacia, carreira que cursou entre 1894 e 1898, terminando a súa licenciatura neste último ano. Ademais, exerceu como profesor de Francés, grazas a un dos seus cuñados, co papel de subdirector da banda municipal.

En maio de 1890, foi nomeado subdirector da banda municipal, mantendo este cargo por dous anos. Durante a súa xestión, e baixo a influencia do movemento nacionalista galego da época, introduciu unha renovación no repertorio executado pola agrupación, incluíndo obras galegas, o que dotou ao repertorio unha gran diversidade. Curros perdeu o seu posto debido á elección de D. Andrés Gomez como subdirector. 

Colaborou en varias formacións musicais da cidade, destacando como “multiinstrumentista". Formou parte do sexteto Curros, o que permitiu ao grupo gañar o concurso organizado por O Galiciano. En 1891, participou na ópera Los Hugonotes, interpretando un só en viola. Durante moitos anos, estivo á fronte de distintas agrupacións formadas para amenizar o café. En 1897, tocou a frauta nos funerais celebrados na igrexa de Santa María Salomé. En 1900, a súa esposa adquiriu o posto de mestra, o que lles levou a mudarse a Pontevedra. Foi aquí onde Curros estableceu unha farmacia e, ao mesmo tempo, conseguiu un cargo como xuíz municipal. A pesar destas dúas ocupacións, continuou co seu labor como músico, reforzando a banda de Vila de Cruces. Finalmente, en 1921, faleceu. 

Bibliografía:

Imaxes: