Mariano Gómez Ulla

1.Gómez Ulla

Mariano Gómez Ulla (Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1877 - Madrid, 24 de novembro de 1945) foi un cirurxián e militar compostelán que estivo presente como médico nos campos de batalla das guerras de África, da Guerra Civil (1936-1939), na I Guerra Mundial (1914-1918) e na II Guerra Mundial (1940-1945).

Tamén foi Presidente da Organización Médica Colexial de España.

Naceu o 6 de novembro de 1877 en Santiago de Compostela, na Calzada de San Pedro, n.º 12. Era o cuarto fillo do médico cirurxián Ramón Gómez Fernández e de Dolores Ulla Fociños.

Nome completo: Mariano Gómez Ulla

Datas: 1877-1945

Lugares: Santiago de Compostela-Madrid

Campo de actividade: Medicina; Forzas armadas

Grupo asociado: Organización Médica Colexial de España; Academia de Sanidade Militar

Ocupación: Médicos; Militares

Lingua: Español

Despois de rematar os estudos primarios e o Bacharelato, decidiu iniciar a licenciatura de Medicina na USC no curso 1892-1893, obtendo o título con sobresaliente no grao de licenciado no curso 1898-1899. Posteriormente, realizou o doutorado na Universidade Central de Madrid, a única nesa época que concedía ese grao en España e onde tamén preparou as oposicións de Sanidade Militar. O 31 de maio de 1909 leu a súa tese doutoral A desinfección no Exército, aprobada coa calificación de sobresaliente.

O 22 de setembro de 1899 ingresou por oposición na Academia de Sanidade Militar, poñendo por primeira vez o uniforme de militar que levaría durante 46 anos. Saíu da Academia en xuño de 1900 co emprego de médico 2º (tenente), sendo destinado á 3ª sección da 3ª compañía da Brigada de Tropas de Sanidade Militar de guarnición en Zaragoza, prestando, ao mesmo tempo, servizos de médico no hospital da cidade. A partir de entón, comezou a ascender de rango, realizando todos os empregos posibles na carreira ata o supremo de inspector médico de 1ª clase (xeneral de División) que acadou no ano 1943, ano no que foi nomeado xefe dos Servizos de Sanidade do Exército.

En setembro de 1905 casou con Elisa Salinas e Galino, en Zaragoza.

Na campaña de Melilla de 1909 foi médico 1º (tenente)

Entre 1909 e 1944 compaxinou os seus cargos de inspector provincial de Sanidade, en Madrid e Palencia e o de Médico da Beneficencia Municipal de Madrid.

En 1945 pasou ao Exército de reserva co nomeamento, excepcional de inspector xefe honorario dos Servizos de Sanidade do Exército.

Ao longo da súa carreira, participou en numerosos conflitos bélicos, sobre todo, aqueles que se desenvolveron en Marrocos cando aínda era colonia de España. Interveu nos anos 1909, de 1921 a 1923 e de 1924 a 1925

Ademais, durante a Guerra Civil (1936-1939) estivo atendendo a cidade de Madrid mentres que estivo sitiada, dende o seu posto no hospital de Carabanchel e logo no posto provisional instalado no hotel Palace.

Ademais, tamén tomou parte activa na I e II Guerra Mundial. Na I Guerra Mundial (1914-1918) foi por indicación expresa do monarca Afonso XIII (1886-1941), para atender as necesidades dos prisioneiros alemáns e franceses na fronte occidental e na II Guerra Mundial reorganizando os servizos médico cirúrxicos da División Azul, despregada na fronte de Rusia.

Faleceu en Madrid o 24 de novembro de 1945. O 5 de xuño de 1946 o Hospital Militar de Madrid recibiu o nombre de Gómez Ulla na súa honra.


Bibliografía:

Imaxes:

  1. Gómez Ulla: Cristina Martin, Gomez ulla, CC BY-SA 3.0