Lope Gómez de Marzoa

1.Gómez de Marzoa

Lope Gómez de Marzoa (Marzoa, primeira metade do s. XV-Santiago de Compostela, 1501) foi un notario e fundador do Estudo de Gramática de Santiago, precedente da Universidade de Santiago de Compostela.


Nome completo: Lope Gómez de Marzoa

Datas: 1ª metade do s. XV-1501

Lugares: Marzoa, Oroso, A Coruña-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Dereito; Gramática

Grupo asociado: Estudo de Gramática de Santiago; Universidade de Santiago de Compostela

Ocupación: Notarios

Lingua:

A finais do século XV, faltaba en Galicia un centro cultural importante que se encargase de difundir a cultura. Soamente as persoas de boa posición social tiñan acceso a ela. O primeiro que se preocupou por elevar o nivel cultural de Galicia foi Lope Gómez de Marzoa, preparando o acceso a estudos superiores, incluso para os máis pobres.

No 1495, obtiña do abade de San Martiño Pinario, Juan de Melgar, a cesión dunha parte do mosteiro de Antealtares, creando un colexio para estudantes pobres destinado ao estudo de Gramática, dotándoo de notables rendas para asegurar o seu funcionamento. A reforma monástica obrigou a que deixasen o mosteiro, fundando, xunto co deán Diego de Muros III e xunto co bispo das Canarias, Diego de Muros II, un Estudo de Gramática no 1501, mesmo ano da súa morte, acontecida tras ver o seu desexo feito realidade. Este proceso foi culminado no ano 1526 da man de Alonso III de Fonseca, coa fundación da Universidade propiamente dita.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Juan José Cancela del Río (Santiago de Compostela 20/10/1803 – 31/01/1886), Lope Gómez de Marzoa, marcado como dominio público, para más detalles véase Wikimedia Commons

Enlaces a datos e catálogos