González del Blanco, Roberto

1.Título da foto

Roberto González del Blanco (León, 1887 - Santiago de Compostela, 1959) foi un pintor nacido en León. Con apenas dous anos, a súa nai viúva e el trasladáronse a Santiago de Compostela onde vivía un irmán da súa nai, cóengo da catedral.

Interesouse dende neno polo debuxo e a pintura, recibiendo leccións de Ángel Bar, Eugenio Villar, Fenollera e, dende o ano 1903, de Tito Vázquez.

Nome completo: Roberto González del Blanco

Datas: 1887-1959

Lugares: León-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Medicina; Pintura

Grupo asociado: Escola de Artes e Oficios de Santiago

Ocupación: Pintores

Lingua:


O seu tío Eugenio del Blanco Álvarez, secretario do novo arcebispo, serviulle de referente e presentoulle a personaxes como Antonio López Ferreiro.

Tras unha etapa de formación, traballou en varias exposicións e obtivo recoñecemento polo seu labor, como a medalla de ouro pola súa obra A saída do aparello na Exposición Rexional Galega do 1909. Tamén traballou como ilustrador nalgúns eventos da cidade compostelá, como deseños de portadas de revistas, folletos das festas patronais, etc.

En 1912 rematou a carreira de Medicina e comezou un período de viaxes motivadas polo seu interese na arte e a pintura orientais. Entre os seus destinos atópanse Exipto, Palestina, Italia, Cuba ou Estados Unidos. Durante o estalido do I Guerra Mundial, González del Blanco atopábase en Turquía e Grecia, polo que se trasladou a Venecia. Cando Italia se viu involucrada no conflito, regresou a España.

En 1927 consegue a cátedra de Anatomía Pictórica da Escola de Artes e Oficios en Cádiz. Cinco anos despois, cambiou o seu destino a Santiago de Compostela e desempeñou o cargo de director na Escola de Artes e Oficios.

En 1938, fundou o taller Xacobea onde se dedicaba ao deseño e á fabricación de mobles, pratería e vidreiras. Roberto González compaxinaba estes traballos coa realización de exposicións en cidades galegas e outras internacionais como Bos Aires ou Montevideo.

O vínculo con Santiago de Compostela está presente tanto na súa produción pictórica como en debuxos. Algunhas das súas obras destacadas foron La Verbena, El Carro, El Descanso, Patio de Madres, Un Jueves en Compostela; el Perfume o La del Chal persa, exemplos de influencia oriental.


Bibliografía:

  • López Vázquez, J. e Monterroso, J. (textos). Pintores Composteláns. Historia e renovación entre vos séculos XIX e XX. (Exposición celebrada en Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, do 10 xuño ao 25 xullo 2004). Santiago de Compostela: Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Auditorio de Galicia, 2004.

  • https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/gonzalez_del_blanco_roberto (Consultado en 29-04-2019).

  • San Ildefonso Rodríguez, Beatriz, «Roberto González del Blanco», en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/)

Imaxes: