Xosé Fernando Filgueira Valverde

1.Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nacido en Pontevedra e finado na mesma cidade, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor galego, ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas de 2015.

Dende pequeno, estivo involucrado en numerosos proxectos culturais, xa dende o Bacharelato que cursou en Pontevedra, e con maior énfase na súa época de estudo en Santiago de Compostela.

Nome completo: Xosé Fernando Filgueira Valverde

Datas: 1906-1996

Lugares: Pontevedra-Pontevedra

Campo de actividade:

Grupo asociado: Seminario de Estudos Galegos; Real Academia Galega; Museo de Pontevedra

Ocupación: Intelectuales; Escritores; Políticos; Arqueólogos

Lingua: Galego; Castelán

Finalmente, no ano 1936, rematou o Doutorado en Filosofía e Letras, sección de Historia, o que o levou a ser profesor do Instituto de Ensino Medio.

Traballou no Seminario de Estudos Galegos, como director do Museo de Pontevedra, e inclusive, foi nomeado membro da Real Academia Galega, polo que chegou a formar parte das máis importantes esferas intelectuais do momento.

Ademais do eido profesional, tamén sentiu paixón polo mundo da política, o que o levou a militar no Partido Galeguista dende os seus comezos. En maio de 1935, liderou a un grupo de militantes deste partido, en contra dos pactos coa esquerda, organizando así, a dereita galeguista.

No período que abrangue dende o 10 de Novembro de 1959 ata o ano 1968, foi nomeado alcalde de Pontevedra, cargo dende o que estimulou a acción cultural e promoveu medidas orientadas á conservación do conxunto histórico e monumental.

A súa participación na vida política non rematou co seu papel como alcalde, senón que, xa nos anos de Xerardo Fernández Albor, ocupou o cargo de conselleiro de Cultura.

A súa obra foi extensa, levándonos dende a literatura medieval ata cancioneiros galegos, guías, historias e ata ensaios breves cun denominador común, a cultura galega.

A súa primeira obra en galego titúlase, “Os nenos” (1925) , unha serie de textos breves nos que cada un dos protagonistas fala de accidentes da súa infancia, nunha obra chea de dilemas e aspectos escuros. Ademais deste título, atopamos outros como Historias de Compostela, Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), etc.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Filgueira Valverde: Autor descoñecido, J.F. Filgueira, a los 17 años., marcado como dominio público