Miguel Ferro Caaveiro

1.Capela da Comuñón, na Catedral de Santiago

Aínda que non se sabe con exactitude, pénsase que Miguel Ferro Caaveiro naceu arredor de 1740 e morreu en xullo de 1807 en Santiago de Compostela.

Ao igual que o seu pai, Lucas Ferro Caaveiro, Miguel tamén destacou polo seu traballo como arquitecto e, de feito, tras a morte do seu pai converteuse no novo mestre de obras da Catedral de Santiago e en 1780 foi designado arquitecto director das obras da cidade de Santiago.

Nome completo: Miguel Ferro Caaveiro

Datas: 1740-1807

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Arquitectura

Grupo asociado: Neoclasicismo;

Ocupación: Arquitectos

Lingua:

Polo tanto, todas as obras que se levaban a cabo na cidade compostelá tiñan que contar coa previa aprobación de Miguel Ferro Caaveiro.

Algunhas das súas obras máis destacadas foron a Capela da Comuñón na Catedral de Santiago ou a Capela das Ánimas.

Ademais, tamén fixo o templo parroquial de Santa María do Camiño, a Capela das Dores, a Igrexa de San Miguel e a Capela dos Milagres na Igrexa de Santa María de Salomé.

Tamén cómpre destacar que Miguel Ferro Caaveiro foi o que rematou o retablo maior da Igrexa de San Frutuoso, templo que fora construído polo seu pai, Lucas Ferro Caaveiro.

No ámbito civil tamén levou a cabo proxectos que se caracterizaron por ser construcións enmarcadas por pilastras de orde toscana e cuxo primeiro corpo presentaba almofadado.

No verán de 1799, realizou o estudo e proxecto para o enlosado e cloaca da rúa da Acibechería, arteria comercial e vía de comunicación entre as prazas do Obradoiro e do Campo. Empedrou a calle, ordeou a demolición de varios soportais ruinosos e logrou ensanchar a vía pública, facela máis recta e evitar accidentes.

2.Capela das Ánimas

O seu pai, Lucas Ferro Caaveiro foi un dos arquitectos máis destacados do Barroco, pero na obra de Miguel Ferro Caaveiro xa se pode observar unha clara tendencia cara ao Neoclasicismo, que será o estilo arquitectónico predominante na segunda metade do século XVIII.

Faleceu o 1 de xullo de 1807.

Bibliografía:

  • SINGUL, F., Arquitectura y pensamiento ilustrado en la catedral de Santiago: promotores y artífices. Semata. Ciencias sociais e humanidades. 2010, volume 22, pp. 453-472.

  • Miguel Ferro Caaveiro (s.d.) En Galicia Digital. Dispoñible en http://galegos.galiciadigital.com/es/miguel-ferro-caaveiro, [Consultado o 30/012015]

  • Singul Lorenzo, Francisco, Miguel Ferro Caaveiro , en Real Academia de la Historia, Diccionario Biográfico electrónico (en red, http://dbe.rah.es/)