Clemente Fernández Sarela

1.A Casa do Cabildo en Santiago de Compostela. A obra máis destacada de Fernández Sarela

Clemente Fernández Sarela (Santiago de Compostela, 1716-1765) foi un arquitecto do estilo barroco nacido en Santiago de Compostela.

Fillo do tamén arquitecto Francisco Antonio Fernández Sarela, casou dúas veces, unha con Pascua González coa que tivo un fillo que faleceu aos nove anos e con Benita de Castro, coa que tivo dous fillos, Fulgencio e María Francisca.

Nome completo: Clemente Fernández Sarela

Datas: 1716-1765

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Arquitectura

Grupo asociado: Barroco

Ocupación: Arquitectos

Lingua:

O seu primeiro proxecto importante foi a rehabilitación da porta da muralla do Convento de San Francisco, que non se conserva porque foi derrubada no século XIX. Dirixiu a reforma do convento de Conxo e realizou as obras da portada, o claustro e a capela do Santo Cristo entre os anos 1730 e 1737.

Foi discípulo do arquitecto compostelán Fernando de Casas Novoa, traballou baixo as súas ordes na fachada da Catedral de Santiago en 1744. Clemente Fernández foi contratado como aparellador e xunto ao seu amigo, Lucas Caaveiro realizaron a fachada da Acibechería da Catedral en 1745; ademais de intervir nas obras da sala capitular e o arquivo. Encargáronlle no mesmo ano (1745) as bóvedas da igrexa de San Miguel dos Agros seguindo o modelo do proxecto de Fernando de Casas.

A súa obra máis destacada é a Casa do Cabido, peza única da cidade e da arquitectura barroca galega. A construción levouse a cabo entre 1747 e 1758. Destaca o estilo de placas, característico do barroco galego e a intervención de escenografía barroca máis importante de Santiago de Compostela xunto á fachada do Obradoiro.

Outras obras relevantes foron o Pazo de Bendaña (1750-1759), resaltando os balcóns con enrexados do edificio, a gran escaleira central e a estatua que coroa o edificio, un Atlas que sostén o globo do mundo sobre o escudo dos marqueses de Bendaña. Actualmente o edificio é a Fundación Eugenio Granell, adicada a exposicións e actividades culturais.

Na Casa do Deán (1752-1759) o seu estilo continúa o modelo tradicional de casa-palacio compostelán. Foi propiedade de Doña Xoana de Ulloa, nobre galega e posteriormente, foi destinada ao uso dos deáns da Catedral apostólica. O arquitecto decora a fachada ao redor da porta principal, con volutas, cilindros, pináculos e atributos xacobeos.

Sarela traballou na edificación e restauración de varias casas que posuía o Cabido en Santiago, como a casa número 57 de Rúa Nova ou a casa número 8 da Praza de Cervantes. Outras actuacións de Clemente Sarela que se coñecen son o campanario do Mosteiro de Caaveiro, o Pazo de Fondevila, parte do convento e igrexa do colexio da Compañía de María ou a Casa do Bazán. No seu testamento aporta información valiosa sobre as súas últimas obras como arquitecto, a casa do xastre Vicente de Puga e a intervención na construción da casa do mercador de panos Francisco García Pan na Praza de Cervantes.

Separadamente das súas numerosas achegas arquitectónicas en Santiago de Compostela, tamén se lle atribúe a fachada da igrexa de San Xurxo na Coruña, o Pazo de Sistallo en Lugo e a capela da nosa Señora do Rial no templo parroquial de San Ourente de Entíns (Outes).

Faleceu no ano 1765.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. A Casa do Cabildo en Santiago de Compostela. A obra máis destacada de Fernández Sarela: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) Publicada por: Luis Miguel Bugallo Sánchez, Santiago Praterías GDFL, CC BY-SA 3.0