Fernández, Moncho

1.Moncho Fernández

Moncho Fernández (Santiago de Compostela, 1969) é un adestrador de baloncesto. Ostenta o récord de maior número de tempadas consecutivas nun mesmo equipo na Liga ACB, ao adestrar durante 14 tempadas ao Obradoiro.

Nome completo: Ramón Fernández Vidal

Datas: 1969-

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Deporte

Grupo asociado: Obradoiro CAB

Ocupación: adestrador de baloncesto

Lingua: galego, castelán

Licenciado en Xeografía e Historia en 1992, antes de converterse en adestrador profesional foi profesor de Historia no ensino secundario.

Comezou a adestrar con 17 anos, en Pontepedriña, sendo fichado despois por Miguel Gómez en La Salle. Naquela época tamén traballou como olleador para o FC Barcelona de baloncesto. 

Comezou como axudante de Moncho López no Gijón Baloncesto, que xogaba na Liga ACB, entre 2000 e 2002, pasando a adestrar el mesmo o equipo, xa en LEB-1, ata 2005. Nese ano volveu xunto co adestrador ferrolán ao CB Breogán de Lugo, de novo na Liga ACB. Entre 2006 e 2009 dirixiu o CB Villa de Los Barrios, en LEB-1 e LEB Ouro. 

Comezou a tempada 2008/09 no CB Murcia, sendo destituído en decembro. Na tempada 2010-2011 dirixiu o Obradoiro CAB na LEB Ouro, conseguindo o ascenso á Liga ACB, na que leva dirixindo o Obra desde entón. 

Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos

Redes sociais