Víctor Fernández Freixanes

1.Víctor Fernández

Nacido en Pontevedra en agosto de 1951 é escritor, xornalista e editor, e un dos persoeiros máis destacados da Galicia literaria das últimas décadas.

Profesor na Facultade de Xornalismo da USC, actualmente é director da Editorial Galaxia. Ademais, é membro e Presidente da Real Academia Galega, polo que é un membro esencial do panorama cultural galego dende hai anos.

Nome completo: Víctor Fernández Freixanes

Datas: 1951-

Lugares: Pontevedra

Campo de actividade: Literatura; Xornalismo; Edición

Grupo asociado: Real Academia Galega; Editorial Galaxia

Ocupación: Escritores; Xornalistas; Editores

Lingua: Galego

Estudou Filosofía e Letras en Santiago, doutorándose en Filoloxía Románica, aínda que tamén cursou Xeografía e Historia e Periodismo. En Vigo, de 1975 a 1980 desempeñou funcións de redactor e director do Departamento de Actividades Culturales de Radio Popular Vigo. Sempre haberá que destacar o seu afán de normalización do galego nos medios de masas.

A partires de 1988 entrou no mundo das edicións, e en 1989 concedéuselle o posto de Director Xeral de Edicións Xerais ata 1993, cando crea a colección de xornalismo Crónicas. Entre 1994 e 1998, exerceu como director xeral de Alianza Editorial, sendo tamén director do área literaria do Grupo Anaya. Tras o falecemento de Carlos Casares, pasou a dirixir a Editorial Galaxia en 2002.

Como Presidente da RAG, Fernández Freixanes ten criticado a falla de inversión na cultura ou na preservación linguística, amosando a súa preocupación polos grandes espazos urbanos de Galicia e a incorporación das novas xeracións á lingua e cultura galegas.

Entre as súas obras destacan:

  • Unha ducia de galegos (1976)

  • O fresco. Memoria dun fuxido (1980)

  • O Enxoval de noiva (1988)

  • O triángulo inscrito na circunferencia (1982)

  • A Cidade dos Césares (Premio Torrente Ballester en 1993)

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Víctor Fernández: Estevoaei, Víctor Freixanes, CC BY-SA 4.0