Jose María Fenollera

1.Fenollera

José María Fenollera e Ibañez (Valencia, 1851 - Santiago de Compostela, 1918) foi un pintor nacido en Valencia e coñecido polo seu labor retratista e a realización do Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.

De familia artesá, Fenollera comezou a súa formación artística na Academia de Belas Artes de Valencia ata 1872. Foi bolseiro pola Diputación de Valencia para vivir en Roma durante cinco anos. Volveu en 1875 por problemas económicos.

Nome completo: José María Fenollera e Ibañez

Datas: 1851-1918

Lugares: Valencia, Santiago de Compostela

Campo de actividade: Pintura

Grupo asociado:

Ocupación: Pintores

Lingua: Castelán

Tras traballar algúns anos en Valencia, trasladouse a París para aprender a técnica do fotograbado e, posteriormente, estableceuse en Madrid. Alí continuou co seu traballo para a Real Fábrica de Tapices.

En 1886 visitou Santiago de Compostela con fins turísticos pero finalmente fixou a súa residencia na cidade, nunha época de crecemento polo achado do sepulcro do apóstolo.

Fenollera relacionouse coa sociedade burguesa e eclesiástica da cidade. Casou con Consuelo Velón González-Pardo e atopou unha estabilidade laboral e económica da que antes carecía.

Á parte de dedicarse á docencia, Jose Mª Fenollera destacou polo seu labor como retratista. Entre os seus retratos atópanse varios edís composteláns como José Sánchez Villamarín, o concelleiro Alfredo Brañas Menéndez, o alcalde compostelán Eduardo Vilariño e Magdalena, o cardeal Payá, o retrato La reina regente doña María Cristina con Alfonso XIII niño entre outros.

Na súa produción pictórica recolle temática variada (paisaxe, escenas de xénero, pintura alegórica ou personaxes populares). La Hilandera, la Mujer con traje de gallega, La trilla, Quemando rastrojo son algunhas das obras que mostran o interese rexionalista galego do pintor. Ademais, destaca o seu labor no Paraninfo da Universidade xunto á participación de Eugenio Villar, Rafael da Tone e Urbano González.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Fenollera: José María Fenollera Ibáñez artist QS:P170,Q1671569 (Valencia, 10 de diciembre de 1851 - Santiago de Compostela, 6 de diciembre de 1918), José María Fenollera Ibáñez 1742 - 1812 Autorretrato, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons