Manuel Colmeiro y Penido
Manuel Colmeiro y Penido, nacido o 1 de xaneiro de 1818 en Santiago de Compostela, fillo de Xosé Carlos Colmeiro y Luísa Penido, foi un importante economista, constitucionalista e historiador do Dereito político de España.
Comenzou a súa carreira como xurista en 1824 aos catorce anos, conseguindo o grao de doutor en leis en 1841. En 1847 xa tiña conseguido dúas cátedras, a de Economía Política e Dereito Político e Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela, e a de Dereito Político e Administrativo na Universidade Central.
Nome completo: Manuel Colmeiro y Penido
Datas: 1818-1894
Lugares: Santiago de Compostela-Madrid
Campo de actividade: Economía; Dereito
Grupo asociado: Real Academia de la Historia
Ocupación: Economistas; Historiadores; Políticos; Xuristas; Catedráticos
Lingua: Castelán
Visitou varios países como Francia e Bélxica co obxectivo de ampliar os seus coñecementos académicos e formou parte de varias institucións estranxeiras como o Instituto Imperial de Francia e a Real Academia de Ciencias e Belas Artes de Bélxica.
No ambiente nacional tamén tivo un gran renome, foi nomeado membro da Real Academia de Historia e colaborou na fundación da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, da que chegou a ser bibliotecario permanente.
Tamén desempeñou cargos políticos, sendo deputado unha temporada e pasando a ser conselleiro de estado e senador vitalicio en 1881. Tamén publicou varias obras de gran importancia, destacando Tratado elemental de economía política ecléctica en 1845, Derecho administrativo español en 1850 e De la constitución y del gobierno de los reinos de Castilla y León en 1855.
Morreu en Madrid o 11 de agosto de 1894.
Imaxes:
Manuel Colmeiro: Autor descoñecido, Manuel Colmeiro y Penido, marcado como dominio público, para máis detalles véxase Wikimedia Commons
Bibliografía
Manuel Colmeiro y Penido. (2020, 18 de marzo). Wikipedia, La enciclopedia libre. Fecha de consulta: 07:39, junio 25, 2020 desde https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Manuel_Colmeiro_y_Penido&oldid=124369266.
Martín, Sebastián, Colmeiro y Penido, Manuel (1818-1894). En: Diccionario de catedráticos españoles de derecho (1847-1943) [en línea]. Universidad Carlos III de Madrid. Instituto Figuerola de Historia y Ciencias Sociales, 2009- . Disponible en: http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/instituto_figuerola/programas/phu/diccionariodecatedraticos/lcatedraticos/mcolmeiro [consulta 25 de xuño de 2020]
Portal Averroes, Grandes economístas. Manuel Colmeiro y Penido (1818-1894) Dispoñible en: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/14002996/helvia/aula/archivos/repositorio/250/271/html/economia/economistas/colmeiro.htm [consulta 25 de xuño de 2020]
Martín Martín, Sebastián (2013). Liberalismo e historia en el derecho político. Semblanza de Manuel Colmeiro y Penido (1818-1894). En: Teoría y realidad constitucional, ISSN 1139-5583, Nº 31, 2013, págs. 643-668. https://doi.org/10.5944/trc.31.2013.10325 [consulta 25 de xuño de 2020]