Pilar Cernuda

1.Pilar Cernuda

Pilar García-Cernuda Lago é unha periodista nacida en Santiago de Compostela en 1948. É filla do dirixente da Falanxe Española José María García-Cernuda Calleja e bisneta do escritor Saturnino Calleja, fundador da Editorial Calleja.

Licenciouse en Xornalismo pola Escola Oficial de Xornalismo de Madrid, e en 1975 comezou a súa actividade profesional, dedicándose durante moitos anos a cubrir as actividades na Casa Real.

Nome completo: Pilar García-Cernuda Lago

Datas: 1948

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Xornalismo

Grupo asociado:

Ocupación: Xornalistas

Lingua: Castelán

Posteriormente foi contratada polo Diario ABC, o que fixo que se trasladase a Nueva York onde traballou como corresponsal.

Os seguintes anos traballou para outros medios como Radio Nacional de España, a Cadena COPE ou Televisión Española. En televisión dirixiu un espazo de entrevistas xunto a Julia Navarro e participou asiduamente no informativo matinal Los desayunos de TVE.

Na radio participou en tertulias como Herrera en la onda, Más de uno e La brújula, os tres de Onda Cero.

Tamén publicou un gran número de libros e dirixiu a axencia de noticias Fax Press (do Grupo Intereconomía) ata o seu peche en 2009.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Pilar Cernuda: fcomsalamanca from Salamanca, España, Pilar Cernuda (cropped), CC BY 2.0