Concha Castroviejo

1.Concha Castroviejo

Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón foi unha xornalista e escritora galega nacida en Santiago de Compostela en 1913. Era filla de Armando Castroviejo Nobajas e irmá de Xosé María Castroviejo.

Ao ser filla dun catedrático de Economía Política e Facenda Pública da Universidade de Compostela, puido crecer nun ambiente culto que lle facilitou obter o bacharelato e licenciarse en Filosofía e Letras en Santiago.

Nome completo: Concepción Castroviejo Blanco-Cicerón

Datas: 1913-1995

Lugares: Santiago de Compostela-Madrid

Campo de actividade: Xornalismo; Literatura

Grupo asociado: Asociación Española de Críticos Literarios

Ocupación: Xornalistas; Críticas literarias

Lingua: Castelán

Durante a súa etapa universitaria entrou en contacto con grupos republicanos, onde coñeceu a Joaquín Seija Alonso, o seu futuro home, aínda que a voda acabouse celebrando en Valencia debido ao estalido da Guerra Civil.

A derrota do goberno republicano forzou ao matrimonio a exiliarse a México, onde Concha Castroviejo ampliou a súa formación intelectual e impartiu clases na Universidade de Cámpeche (Tijuana). En decembro de 1949 retornou a Galicia e coa súa filla, e traballou no diario La Noche ata 1953, comezando a súa carreira literaria nesta etapa.

No 53 trasladouse a Madrid onde continuou escribindo. Obtivo o carnet de periodismo, o que lle permitiu colaborar en Informaciones. Tamén foi membro da Asociación Internacional de Críticos Literarios, ademais de estar no xurado dos Premios da Crítica. Acadou un gran prestixio dentro dos ambientes intelectuais e literarios de España, con obras en varios xéneros como Los que se fueron e El jardín de las siete puertas.

Faleceu en Madrid en 1995.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Concha Castroviejo: