José Castro González "Chané"

1.José Castro

José Castro González, máis coñecido como “Chané”, foi un recoñecido músico galego. Nacido o 18 de xaneiro de 1856 en Santiago de Compostela, Chané era un virtuoso da guitarra e da cítara.

Foi catedrático de Belas Artes na Coruña, pero logo de que esta cátedra fose suprimida, emigrou a Cuba en 1893, onde dirixiu o orfeón Ecos de Galicia. Na Habana Chané coñeceu ao gran poeta galego Manuel Curros Enríquez, e musicou varios dos seus poemas como Unha noite na eira do trigo.

Nome completo: José Castro González

Datas: 1856-1917

Lugares: Santiago de Compostela-La Habana, Cuba

Campo de actividade: Música

Grupo asociado: Orfeón Ecos de Galicia (La Habana); Real Academia Galega

Ocupación: Músicos; Compositores; Guitarristas

Lingua: Castelán

José Castro González tamén foi profesor de música no Centro Galego da Habana, pero deixou de selo despois de ter un enfrontamento co presidente do tribunal de exames desa institución, Vicente Fraiz Andón.

Na capital cubana Chané tamén colaborou con diversas asociacións galegas, como a Sociedad de Beneficiencia Naturales de Galicia e foi secretario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega.

En agosto de 1907 regresou a Galicia, concretamente á Coruña, onde a intelectualidade galega o recibiu cun gran banquete ao que asistiron persoeiros como Emilia Pardo Bazán, Manuel Lugrís Freire ou Ramón Armada Teixeiro, entre outros.

Posteriormente regresou á Habana, onde fixo a súa derradeira composición musical: A lúa de Cangas. Esta composición foi estreada polo orfeón Ecos de Galicia nunha velada en honra ao poeta galego Nicomedes Pastor Díaz.

José Castro González “Chané” tamén foi académico da Real Academia Galega, e faleceu na capital cubana o 27 de xaneiro de 1917. Os seus restos mortais foron trasladados á Coruña.

2.Orfeón Ecos de Galicia da Habana (1909)

Imaxes:

  1. José Castro: Autor descoñecido, Alma Gallega, Habana, 27 01 1917, núm. 4, marcado como dominio público