Casal, Nicolás 

1.Título da foto

Nicolás Casal, tamén coñecido como Nico, é un compositor e pianista nado en 1985 en Santiago de Compostela. 

Nome completo: Nicolás Casal 

Datas: 1985

Lugares: Santiago de Compostela 

Campo de actividade: Música Piano 

Grupo asociado

Ocupación: Músico; Pianista 

Lingua: Castelán 

O seu interese pola música comezou desde a nenez. Aos 8 anos de idade ingresou no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, onde permaneceu ata os 18 anos. A pesar de que inicialmente quería estudar arquitectura, decidiu continuar cos seus estudos de piano. Posteriormente, fixo un grao superior en Vigo. Unha vez finalizada a súa formación en piano clásico, decidiu introducirse no mundo do cinema. Durante algún tempo compuxo  bandas sonoras para curtametraxes de amigos. En 2011, con 26 anos, mudouse a Londres, onde fixo un máster de composición na Universidade da City.

Antes do seu traslado a Londres, xa participara en proxectos como as curtametraxes Retrato (2005), Cicatrices (2006) e Rosas dos ventos (2007). Dous anos máis tarde, en 2009, participou noutros tres proxectos: Llamada perdida, Dies Dei e Campás.

En febreiro de 2012, foi obxecto dunha reportaxe no periodico FARO, chamado Gallegos en la cima. 

No 2013, realizou a súa primeira composición para a película El árbol magnético de Isabel Isabel Ayguavives. Durante ese mesmo ano, tamén participou como compositor musical no  documental Entreparadas e no 2014 en Los Bailarines de negro e La hormiga que venció al elefante, entre outros traballos. Nese mesmo ano, obtivo o premio á Mellor Banda Sonora no festival de Cans (Galicia) polo seu traballo na curtametraxe Unary, ademais de ser  o encargado de compoñer a banda sonora do anuncio do segundo equipamento de España para o mundial de Brasil, xunto a Nick Hill.

En 2015, ademais da súa participación como compositor musical en obras como Bestia de Cardo, Currican, Tartamudo e Londres en punto, foi finalista nos Music and Sound Award UK pola súa partitura para a campaña do banco HSBC titulada Pink Ladies. En publicidade, colaborou con marcas como Discovery Channel, Gas Natural Fenosa, British Airways, Adidas e Vogue Japón. 

Durante o ano 2016, traballou en proxectos como Museo de Silencio, Azul Pálido e María (y los demás), logrando ademais o recoñecemento ao gañar o Óscar á mellor curtametraxe polo seu traballo na banda sonora de Stutterer. Posteriormente, foi contratado por Universal Music para interpretar cancións de Katy Perry ao piano na campaña Witness World Wide. En 2017,  participou na miniserie de TV, Rayo e na longametraxe dirixida por Benjamín Cleary. 

En 2018, contribuíu á banda sonora de La enfermedad del domingo e formou parte do cartel do festival BIME Live. 

Ao ano seguinte, en 2019, Casal, sen ter inicialmente a idea de facer un disco, creou 7 pezas musicais que conformaron o seu primeiro álbum titulado Alone, baixo o selo de PIAS Recordings. Este álbum inclúe pezas como Ready to talk, que foi o seu primeiro sinxelo e foi  feita unha versión para a banda sonora da serie Stranger Things. As composicións deste disco fusionan elementos de música clásica, jazz inspirado en Keith Jarret e  música electrónica. Durante unha xira internacional para promocionar o álbum, sufriu unha lesión no dedo corazón que o obrigou a interrompela temporalmente. Unha vez recuperado, presentou o seu primeiro álbum titulado Stories en 2020. 

En 2021, compuxo a música da serie Maricón perdido, repetindo esta tarefa no 2022 para o documental Pacto de Silencio e a produción Los Borbones: una familia real, así como para a película Te estoy amando locamente de 2023. Durante 2024, traballou nunha miniserie chamada Yo, adicto. 

Bibliografía:

Imaxes: