Basilio Carril

Basilio Carril naceu no ano 1914 na Pela, (Vilantime, Arzúa) e finou en 1974 en Santiago de Compostela, Fillo de gaiteiro e luthier, comezou con trece anos anos a traballar co seu pai. Basilio facía gaitas e a súa muller, Jesusa López confeccionaba os farrapos para vestilas e engalanalas.

Pasada a Guerra Civil, a gaita non era negocio debido á falta de traballo e á crise que atravesaba o país polo que Basilio adicouse a facer traballos de artesanía, hórreos, botafumeiros e outras figuras orientadas, sobre todo, ao turismo.

Nome completo: Basilio Carril Fernández

Datas: 1914 - 1974

Lugares: Arzúa, A Coruña-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Música

Grupo asociado: Cantigas e Agarimos

Ocupación: Gaiteiros

Lingua: Galego

Con Basilio Carril naceu o artesán moderno, o gaiteiro e a gaita moderna, apta para entrar no conservatorio e realizar unha serie de estudos máis profesionais. Hoxe en día, podemos atopar instrumentos coa súa sinatura nos Estados Unidos, Australia, Alemaña, Francia ou Arxentina.

Ademais de luthier, foi un gran interprete e formou parte, como gaiteiro principal, do grupo Cantigas e Agarimos. Con este grupo fixo xiras por Europa e América Latina, acompañado tamén de Juan Bello Mallou, co que comezou unha relación profesional que os levou, inclusive, a converterse en executantes de fama.

A súa figura acadou tanto renome, que o mesmo museo do Louvre, convidouno a construír instrumentos de vento xa desaparecidos ou a piques de extinguirse de todo o planeta, nunha das súas coleccións musicais máis importantes.

Basilio Carril faleceu o 23 de decembro de 1974, deixando un oco ireemplazable no mundo da música tradicional galega.

Bibliografía:

Enlaces a datos e catálogos