Cabo Villaverde, Miguel

1.Título da foto

Miguel Cabo Villaverde (Santiago de Compostela en 1970) é un historiador contemporaneísta galego.

Nome completo: Miguel Cabo Villaverde

Datas: 1970-

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Historia; Ensino

Grupo asociado: Universidade de Santiago de Compostela

Ocupación: Historiador; Profesor

Lingua: galego, castelán, inglés

Licenciado en Xeografía e Historia pola USC en 1992 (obtendo o grao en 1993), doutorouse en Historia en 1999 coa tese A integración política do pequeno campesiñado: o caso galego no marco europeo, 1890-1939, dirixida por Lourenzo Fernández Prieto. É profesor titular na facultade de Xeografía e Historia da USC desde 2003. Estivo como investigador nas universidades de Boloña, Bielefeld e Wageningen (Países Baixos), así como na EHESS de París. Forma parte do grupo de investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA). As súas investigacións céntranse no ámbito da historia rural, a historia política e os procesos de nacionalización entre a Restauración e mediados do século XX, con estudos sobre a acción colectiva, o asociacionismo e a politización no ámbito rural, poñendo sempre particular atención na perspectiva comparativa. Céntrase nos ámbitos galego e español, pero tamén é autor de varios traballos que analizan determinadas cuestións con carácter europeo. Á altura de 2024 estuda a historia dos partidos agrarios en Europa. Formou parte do consello de redacción da revista Historia Agraria, sendo actualmente membro do da revista Ayer da Asociación de Historia Contemporánea. Tamén foi vogal da Sociedad Española de Historia Agraria. 

Entre as súas obras máis destacadas podemos citar: "Pensamento económico e agrarismo na primeira metade do século XX" (1997), en Documentos de traballo. Historia; O agrarismo (1998); A estación de fitopatoloxía agrícola da Coruña (1999); O asociacionismo agrario en Oleiros ata a Guerra Civil (2002); Prensa agraria en Galicia (2003) e Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez (2003). Tamén colaborou en numerosas obras colectivas. 

Máis alá da súa actividade profesional, tamén é runner afeccionado, tendo participado en numerosas carreiras populares.

Bibliografía:

Imaxes:


Redes sociais