Modesto Brocos

1.Autorretrato

Modesto Brocos (1852-1936) foi un pintor, gravador e escritor compostelán. Naceu nunha familia humilde de tradición artística e artesanal, fillo de Eugenio Brocos (pintor e escultor) e irmán de Isidoro Brocos (escultor e gravador). 

Comezou a formarse na Real Sociedade Económica de Amigos do País, naquel entón único centro que daba formación artística na cidade. O seu irmán Isidoro, precursor do gravado a contrafibra en Galicia, introduciu a Modesto nesta técnica.

Nome completo: Modesto Brocos y Gómez

Datas: 1852-1936

Lugares: Santiago de Compostela-Río de Janeiro, Brasil

Campo de actividade: Pintura; Gravado

Grupo asociado

Ocupación: Pintores; Gravadores; Escritores

Lingua: Castelán; Portugués

Con 20 anos, o pintor emigrou a Bos Aires e o seu traballo como gravador publicouse nalgunhas revistas, como as estampas de temática devocional na revista arxentina Los Anales da Agricultura no 1871. Un par de anos máis tarde, trasladouse a Brasil onde continuou a súa formación na Academia Imperial de Belas Artes de Río de Janeiro e publicou gravados no xornal El Mequetrefe. En 1877 regresou a Europa e perfeccionou o seu labor de gravador na Escola Nacional Superior de Belas Artes de París. 

Á súa volta a España traballou como colaborador artístico e corresponsal na Ilustración Galega e Asturiana, dirixida por Manuel Murguía. Modesto Brocos nunca deixou a súa formación artística e círculo de artistas, como as súas visitas frecuentes ao taller do pintor Federico Madrazo.  

En 1883, gañou unha bolsa a Roma ofrecida pola Diputación da Coruña pola súa obra Rebeca dando de beber a Eliécer. Alí permaneceu catro anos e despois, Modesto Brocos volveu a Santiago de Compostela, onde obtivo, por oposición, a praza de cátedra en Pintura e Debuxo na Real Sociedade Económica de Amigos do País. Este traballo exerceuno durante pouco tempo xa que en 1890 deixou a súa cidade natal para trasladarse a Río de Janeiro. En 1895 gañou a medalla de ouro pola súa obra A Redención de Cam na II Exposición Xeral de Belas Artes de Río de Janeiro.

Entre 1897 e 1900 viaxou a Europa para levar a cabo o tríptico As tradicións do Apóstolo Santiago, que se atopa na sancristía da Catedral. O motivo do tríptico debeuse a que poucos anos antes, 1879, descubríronse as reliquias do Apóstolo, polo que o tema interesou aos artistas do momento. As escenas que mostra o tríptico foron a Predicación do Apóstolo en Padrón, o traslado dos seus restos e a arca Marmórica. As imaxes do lateral mostran unha representación máis próxima a un suceso histórico, mentres que a central está representada de forma simbolista, onde se xoga cos escintileos de luz, a gran cantidade de vexetación presente na escena, motivos do soño, etc. Ademais, fai un homenaxe á fachada de Praterías da Catedral e plasma no tríptico elementos como as columnas de mármore para dividir a escena e os leóns que vixían.

En 1900 trasladouse definitivamente a Brasil, conseguiu a nacionalidade e non regresou a Santiago. Dedicouse á docencia na Escola Normal de Belas Artes e colaborou e impulso o gravado no Liceu de Artes e Ofícios. 

Modesto Brocos sempre estivo interesado en representar temas de alegoría e historia, de liña naturalista e caracterizados con claroscuros. Na súa última etapa en Brasil, introduciu cores máis vivas e de contrastes.

Algunhas obras destacadas son o retrato de Rosalía de Castro (1883) cando a poetisa aínda vivía; Lavandera (1880; Academia (1884), Autorretrato (1885), As catro estaciones durante a súa estancia en Roma; Egenho de Mandioca (1892), retrato de Pinto de Azeredo Coutinho (1909); A defensa de Lugo entre outras. 

No seu labor como escritor destacan A viaxe a Marte, unha novela de ciencia ficción (1930); Retórica dos pintores (1933) ou Critica sobre a direcçao Bernadelli e justifiçao do autor ( 1914).

Bibliografía:

Imaxes: