Fermín Bouza Álvarez

1.Fermín Bouza

Fermín Bouza Álvarez naceu en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1946 e morreu en Madrid o 29 de outubro de 2016.

Permaneceu na cidade compostelá ata o ano 1969 no que marchou a Madrid. Comezou a carreira de Físicas, pero non chegou a rematala e a deixou pola carreira de Socioloxía.

Nome completo: Fermín Bouza Álvarez

Datas: 1946-2016

Lugares: Santiago de Compostela-Madrid

Campo de actividade: Socioloxía; Ensino; Literatura

Grupo asociado: Universidad Complutense de Madrid

Ocupación: Sociólogos; Escritores; Profesores

Lingua: Castelán

Durante a súa estancia en Santiago viviu momentos tensos pola súa implicación política e chegou a ser sacado da Facultade de Medicina e arrestado. Estivo moi controlado pola policía, incluso interrogaron ao seu pai sobre o seu paradeiro e este dixo que exiliárase a Arxentina. Unha vez que chegou a Madrid abandonou a súa vida activa na política, pero sen deixala de todo.

Ata este momento definiuse como un lector irregular, posto que as súas actividades políticas deixábanlle pouco tempo para ler ou escribir. En Madrid conseguiu a tranquilidade que lle facía falta para volver ao mundo da escritura.

No ano de 1974 entrou na Universidade Complutense como catedrático de Opinión Pública en Ciencias da Información

Coa chegada da democracia, Bouza acadou de novo uns ideais nacionalistas que lle fixeron defender Galicia fronte ao abandono político ao que el consideraba que era sometida. Na súa opinión, os últimos anos albergaban esperanza. Bouza Álvarez comentaba a situación política galega e española no seu blog El voto con botas

Non se pode esquecer a súa faceta como escritor e poeta, ámbito que comezou a cultivar dende neno no colexio de monxes onde estudaba. As súas publicación non son moitas porque gustáballe escribir, pero non enviaba todas os seus escritos ás editoriais. O seu libro de poesía Labirinto de inverno foi premio da Crítica no ano 1990.

Bibliografía:

Imaxes: