Verónica Boquete Giadáns

1.Vero Boquete

Verónica Boquete Giadáns (Santiago de Compostela 1987-) é unha futbolista profesional de fútbol feminino galega.

Xoga de dianteira actualmente no Bayern de Múnich alemán así coma na Selección Española de Fútbol Feminina na que, habitualmente, é a capitana 

Nome completo: Verónica Boquete Giadáns

Datas: 1987

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Deporte; Futbol

Grupo asociado: 

Ocupación: Deportistas; Futbolistas

Lingua: Castelán; Galego

Twitter: https://twitter.com/VeroBoquete 

Comezou non hai tanto a súa carreira, nas categorías inferiores do Xuventude Aguiño de Ribeira, na Coruña e os equipos mais prestixiosos non tardaron en seguirlle o rastro. Ademáis, tamén ten unha gran traxectoria nacional, pasando polo Español e polo Prainsa Zaragoza, así como a nivel internacional, no Energiya Voronezh ruso e o Tyresö sueco, este último, proclamado subcampeón europeo en 2013 e polo FFC Frankfurt. No 2010 fichou pola liga estadounidense, comezando a súa traxectoria internacional, concretamente polo Buffalo Flash of the United States. Tamén pasou polo Portland Thorns e o Chicago Red Stars.

Goza dun prestixioso palmarés, pois conta con varios títulos, entre eles a gañadora da W- League en 2010 co Búffalo Flash e coa Copa da Raíña de fútbol en 2009 e 2010 respectivamente coa RCD Español.

Pero posiblemente o maior mérito que posúe foi ser nominada ao Balón de Ouro en 2014 (é a primeira futbolista española que optou ao galardón), ao estar entre as dez candidatas a conseguilo xunto con outras profesionais que xa o ganaran en edicións anteriores e incluso máis dunha vez comp a brasileira Marta, que o gañou en 5 ocasións. Nas súas declaracións ao recibir a candidatura dixo sentirse unha privilexiada por ser candidata, polo recoñecemento do público e polo apoio da Federación.

En 2005 foi convocada pola Selección Española e foi a capitana daquel conxunto que logrou, por primeira vez, o pase ao Mundial que se xogou en Canadá en 2015. Ese mesmo ano, foi escollida como embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.

O 8 de novembro de 2018 o Concello de Santiago aprobou o cambio de nome do estadio de San Lázaro en recoñecemento a Verónica Boquete. 

Bibliografía: 

Enlaces a datos e catálogos