Bescansa, Carolina 

1.C. Bescansa

Carolina Bescansa, socióloga e politicóloga cofundadora de Podemos naceu en Santiago de Compostela o 13 de febreiro de 1971.

Aos 18 anos mudouse a Granada para estudar Socioloxía e Ciencias Políticas, carreira que completou posteriormente entre Murcia e a Universidade Complutense de Madrid, onde exerce de profesora dende 1995 na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía.

Nome completo: Carolina Bescansa Hernández

Datas: 1971

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Ensino; Política; Socioloxía

Grupo asociado: Universidad Complutense; Podemos

Ocupación: Sociólogas; Profesoras; Políticas

Lingua: Castelán

En 2014 fundou Podemos, xunto con Pablo Iglesias e J.C. Monedero. Nese mesmo ano houbo eleccións europeas, ás que Bescansa non se presentou. A finais de 2014 formouse o Consello Cidadán para o que foi elixida, converténdose na muller mais importante de Podemos. Ao ano seguinte presentouse por Madrid ás eleccións nacionais conseguindo ser elixida deputada. Tamén intentou converterse, nese mesmo ano, en presidenta do Congreso dos deputados, posto que a enfrontou a Patxi López, contra o que perdeu.

Abandonou o seu posto de analista política de Podemos no ano 2017 e ao ano seguinte presentouse ás eleccións do seu partido para concorrer como candidata ás eleccións da Xunta de Galicia por Podemos. Votacións que perdeu contra o seu compañeiro Antón Gómez-Reino Varela.

En outubro de 2018 a deputada de Podemos anunciou que abandonaría o seu posto de deputada nos primeiros meses de 2019, tras perder as eleccións en Galicia e que volvería á Universidade sen abandonar a política nin o partido.

En 2016 enfrontouse ao xornalista Federico Jiménez Losantos. Un ano despois, no 2017 consegue gañar o xuízo contra el e resulta indemnizada con dez mil euros por parte de Jiménez Losantos e Libertad Digital S.A.

Bibliografía: