Bernal de Bonaval

1.Título da foto

Bernal de Bonaval ou Bernardo de Bonaval foi un trobador da escola galego-portuguesa procedente de Santiago de Compostela (c. 1190- c. 1260).

Pénsase que este personaxe era desta cidade debido ao seu nome, que fai referencia á aldea compostelá de Bonaval.

Bernal de Bonaval foi concretamente un segrel, é dicir un poeta escudeiro. Chegou a ser recoñecido por Fernando III e Afonso X, quen dixo que aprendera a súa arte do demo.

Nome completo: Bernardo de Bonaval

Datas: 1190-1260

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Poesía

Grupo asociado: 

Ocupación: Poetas; Trovadores

Lingua: Galego

Un dato que axuda a comprender o estilo empregado por Bernal de Bonaval é o que dixo Afonso X o Sabio cando estaba en Villarreal. Comentou que non facía poemas á maneira provenzal, senón como Bernal de Bonaval, é dicir, que empregaba a tendencia dos cánones poéticos autóctonos, propios da lírica preexistente á influenza provenzal, recibida a través do Camiño de Santiago.

Cabe destacar que estudos recentes propoñen que, en realidade, Bernal de Bonaval procedía do sudoeste de Galicia, concretamente do Concello de Oia. Outros autores pensan que esta teoría non é demasiado viable debido á alusión que fai nunha das súas cantigas á “sagraçon de Bonaval”, é dicir, aos actos solemnes de consagración deste templo, probablemente producida ao redor de 1230.

Obras destacadas:

Consérvanse 8 cantigas de amigo, 10 de amor e unha tençon (debate entre dous trobadores), entre as que destacan:

Cantigas de amor:

Cantigas de amigo:

Tençon:

Bibliografía:

Imaxes: