Manuel Beiras García

1.Beiras García

Manuel Beiras García (Santiago de Compostela, 1904 – 1996) foi un intelectual e político galeguista.

Graduado pola Escola de Comercio da Coruña, aos dezaseis anos publicou o seu primeiro artigo xornalístico en Diario de Galicia e posteriormente seguiu escribindo e traducindo textos ao galego baixo o pseudónimo “Eubensei”.

Manuel Beiras era un home moi activo politicamente e foi un dos fundadores do Partido Galeguista (P.G.), aínda que o abandonou en 1935 debido á súa discordancia cos pactos e relacións entre o P.G. e sectores da esquerda. Tras abandonar o P.G. fundou o partido Dereita Galeguista.

Nome completo: Manuel Beiras García

Datas: 1904-1996

Lugares: Santiago de Compostela-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Política

Grupo asociado: Partido Galeguista

Ocupación: Políticos; Intelectuais 

Lingua: Galego

Tras o remate da Guerra Civil, Beiras continuou coa súa actividade e foi un dos impulsores do Padroado Rosalía de Castro e da Orquestra Filharmónica de Compostela. Tras a fin da ditadura franquista, foi concelleiro en Santiago de Compostela polas listas da coalición Unidade Galega e un dos responsables da refundación do Partido Galeguista en 1978. En 1985 integrouse en Coalición Galega, e nas eleccións autonómicas de 1989 presentouse como número dous das listas do PNG-PG pola Coruña, aínda que non obtivo acta de deputado.

Católico e firme defensor do galeguismo, Beiras esforzouse por promover a primeira misa en galego e actos como a celebración do Día de Galicia ou a Festa do Traxe Galego.

En 1987 obtivo a Medalla Castelao e en 1991 concedéronlle a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán de Santiago de Compostela. Ademais, en 1995 foi nomeado Galego do Ano pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Faleceu o 28 de xullo de 1996.

Bibliografía:

Imaxes: