Nerea Barros Noya

1.Nerea Barros

Nerea Barros Noya é unha actriz compostelá nacida no ano 1981, de grande éxito nacional.

Comezou no teatro aos 15 anos e a súa carreira profesional na pantalla coa película Nena de Xabier Bermúdez no ano 1997, director co que volveu colaborar máis adiante. 

Estudou a carreira de Enfermería e exerceu como tal no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela durante seis anos, á vez que o compaxinaba coa súa carreira artística.

Nome completo: Nerea Barros Noya

Datas: 1981

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Cine; Televisión; Teatro

Grupo asociado: 

Ocupación: Actrices

Lingua: Castelán; Galego

Instagram: https://www.instagram.com/barrosnerea/ 

Esta carreira levouna a participar en series como Hospital Real (TVG), El Principe (Telecinco), Apaches (Antena 3), El tiempo entre costuras (Antena 3), Padre Casares (TVG), Matalobos (TVG) e El secreto de Puente Viejo (Antena 3).

Pero non só triunfou na pequena pantalla, no cine tamén conseguiu papeis importantes como Volver a casa en 2010, O ouro do tempo en 2013 ou La Isla Mínima en 2014, película que lle serviu para gañar o Goya a mellor actriz revelación no ano 2015.

Pero ademais de participar como actriz, no ano 2018 púxose detrás das cámaras para producir o filme Morir para contar, documental no que se contan quince historias de reporteiros e reporteiras de guerra, os traumas e vivencias de cubrir estes conflitos armados.

Bibliografía: