Ángel  Baltar Cortés

1.Ángel Baltar

Ángel Baltar Cortés (1868-1934) foi un reputado médico oriúndo de Padrón. O seu pai, Ángel Baltar Varela, foi o primeiro licenciado en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, alcalde de Padrón e amigo de grandes literatos como Manuel Murguía ou Rosalía de Castro.

Ángen Baltar Cortés estudou Bacharelato en Santiago de Compostela e en 1893 licenciouse con sobresaliente en Medicina. Despois de ter realizado prácticas como médico interno no Hospital Provincial de Santiago foi nomeado médico rural de Rois.

Nome completo: Ángel Baltar Cortés

Datas: 1868-1934

Lugares: Padrón, A Coruña-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Medicina

Grupo asociado: Universidade de Santiago de Compostela

Ocupación: Médicos

Lingua: Castelán

En 1908 fundou xunto co doutor Varela Radío o Sanatorio Baltar-Varela en Santiago de Compostela, o primeiro sanatorio fundamentalmente cirúrxico de Galicia e que estaba inicialmente ubicado no Campo do Cruceiro do Gaio ata que en 1922  trasladouse á Carreira do Conde, onde permaneceu aberto ata o seu peche definitivo en 1963.

Ademais, entre 1923 e 1926 foi director do Gran Hospital, tamén coñecido como Hospital dos Reis Católicos, onde traballou como cirurxián durante trinta anos.

Baltar foi un completo cirurxián xeral, abarcando campos tan específicos como a oftalmoloxía e a otorrinolaringoloxía, e para perfeccionar a súa técnica Ángel Baltar viaxou por países como Francia ou Alemaña. Ademais foi un dos primeiros en facer en Galicia extirpacións de larinxe, de hipófise, prostatectomías. Tamén inventou un dispositivo para extraer corpos estraños do esófago.

Baltar tamén foi unha persoa apaixonada pola música e pola poesía, e politicamente estaba próximo ao Partido Galeguista. 

Tras a súa morte, na súa memoria creouse a Fundación Baltar, adicada a adxudicar bolsas a licenciados que quixesen ampliar os seus estudos de cirurxía, 

Bibliografía:

Imaxes: