Carmen Babiano Méndez-Núñez

1.Carmen Babiano

Carmen Babiano Méndez- Núñez (Santiago de Compostela 1852- Pontevedra 1914) foi unha pintora, pianista e cantante galega.

Filla do coronel José Babiano Rodríguez e Clara Méndez Nuñez e sobriña do coñecido almirante vigués D. Casto Méndez Núñez, tamén coñecido coma o “Heroe do Callao”.

Formada de xeito autodidacta, residiu coa súa nai e coa súa tía na vila “Méndez Núñez” en Pontevedra, unha auténtica pinacoteca que influíu moito na súa absorción artística.

Nome completo: Carmen Babiano Méndez-Núñez

Datas: 1852-1914

Lugares: Santiago de Compostela-Pontevedra

Campo de actividade: Pintura

Grupo asociado: Realismo

Ocupación: Pintoras

Lingua: Castelán

O seu mestre foi, nada máis e nada menos, que o pintor catalán Ramón Vives Ayné, que traballou no Instituto de Pontevedra e que será o seu inspirador no debuxo e no óleo, plasmando dende escenas costumistas ata bodegóns e flores, que eran os temas reservados para a arte feminina. Compaxinou a pintura coa música pois participou en 1880 na Exposición de Belas Artes de Pontevedra cun cadro dunha nena dando de comer ás galiñas e ofreceu, ese mesmo ano, un canto na sociedade do Liceo Casino, tamén en Pontevedra. 

Durante 1881 colaborou artisticamente coa Ilustración galega e asturiana publicando paisaxes das cercanías de Pontevedra.

A súa actividade cesou ao ano seguinte, tras contraer matrimonio, amosando que a arte só a practicou na súa xuventude e a nivel de afeccionada, pola cuestión de sexo. A partires deste momento, canalizou a súa vertente artística como mecenas, convertindo a súa residencia nun centro de vida cultural e artística e con colaboracións coa Sociedade de Arqueólogos de Pontevedra con debuxos da cidade.

Morreu deixando un legado artístico que consta de máis de 100 obras pictóricas que hoxe se conservan no Museo de Pontevedra.

Bibliografía:


Imaxes: