Juan de Álava

1.Claustro da Catedral de Santiago

Juan de Álava (Larrinoa, 1480-Salamanca, 1537) foi un arquitecto renacentista vinculado con algunhas obras de Santiago de Compostela. Era de condición fidalga e proviña dunha familia dedicada á canteiría. Comezou a súa traxectoria profesional en Salamanca.

A comezos do século XVI, foi chamado para realizar o claustro da catedral de Santiago, introducindo o estilo salmantino na cidade (a crestería, por exemplo), promovido por Alonso III de Fonseca. Tamén realizou obras nas capelas Mondragón, de Alba e na da Concepción. Ademais, foi o iniciador do Colexio de Fonseca.

Nome completo: Juan de Álava

Datas: 1480-1537

Lugares: Salamanca-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Arquitectura

Ocupación: Arquitectos

Lingua: Castelán.

Bibliografía

Imaxes:

Enlaces a Datos e catálogos: