Francisco Asorey

1.F. Asorey

Francisco Asorey González naceu en Fefiñáns (Cambados) o 4 de marzo de 1889 e faleceu en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961. Foi un escultor galego que xogou un papel moi relevante na renovación da arte escultórica española do século XX.

En 1904 iniciou a súa formación no Colexio Salesiano de Sarriá (Barcelona) e entre 1906 e 1909 traballou como mestre de Debuxo no Colexio Salesiano de Baracaldo onde abriu o seu primeiro obradoiro de imaxinería.

Nome completo: Francisco Asorey González

Datas: 1889-1961

Lugares: Cambados-Santiago de Compostela

Campo de actividade: Escultura

Grupo asociado: Real Academia Galega

Ocupación: Escultores

Lingua: 

Posteriormente pasou unha longa estadía en Madrid onde ampliou os seus estudos escultóricos, e en 1917 participou na Exposición Rexional Galega celebrada na Coruña.

Logo de vivir en cidades como Barcelona, Baracaldo e Madrid, en 1918 gañou a oposición de escultor anatómico da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, e instalouse definitivamente nesta cidade.

Deste xeito, en 1920 decidiu poñer en marcha un obradoiro de escultura en Santiago de Compostela, concretamente na rúa Caramoniña (xunto ao convento de San Domingos de Bonaval), aínda que, por necesidades de espazo, en 1932 trasladouno á zona de Santa Clara. En 1940 a Real Academia de Belas Artes de San Fernando concedeulle a Asorey o grao de Membro Correspondente, e en 1957 a Real Academia Galega outorgoulle o título de Académico de Honra. 

Unha das súas obras máis destacadas e coñecidas é o monumento a San Francisco en Santiago de Compostela, feito entre 1926 e 1930 e que se estrutura en forma de cruz de 12 metros de altura apoiada nunha base con 4 metros de lado. Este monumento fíxose con motivo da conmemoración do sétimo centenario da morte de San Francisco de Asís e foi inaugurado o 24 de xullo de 1930. Ademais deste monumento, entre as súas obras máis destacadas están o monumento a Curros Enríquez na Coruña (1934), o monumento a Ramón María Aller en Lalín (1959), ou o monumento ao aviador Joaquín Loriga, tamén situado en Lalín (1933). 

Francisco Asorey faleceu o 2 de xullo de 1961 e está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

2.Monumento a S. Francisco

Listado dalgunhas das súas principais obras:

3.Monumento ao aviador Joaquín Loriga

Bibliografía:

Imaxes: