Orde De Santiago

Pequeno texto introductorio

Nome:

Sigla:

Tipo:

Datas (Fundación):

Fundador:

Sede:

Dirección:

Coordenadas:

Páxina Web:

Entidade Superior:

A Orde de Santiago foi fundada no Reino de León en 1151 pero sen datos precisos acerca da súa creación e dos seus primeiros membros.

Según teorías foron 12 cabaleiros de León baixo o Reinado de Fernando II que estaban fartos da vida que levaban( licenciosa). Formaron así unha unión baixo uns mesmos Estatutos e formas de congregación para defender aos peregrinos dos ataques dos musulmáns, así como a fronteira que gardaban con Extremadura, chamándose dende un primeiro momento Cabaleiros de Cáceres.

Esta congregación evolucionou, adquirindo bens e territorios chegando a formar unha especie de Diócese, con capital en Uclés cunha capacidade autoritaria similar á episcopal.

A esta congregación pertencían pobos do que hoxe son Cidade Real, Cuenca e Toledo; conventos,… Alfonso VIII de Castela cede Uclés ao fundador da Orde, Pedro Fernández de Fuentencalada para que se establecese e defendese a fronteira. Según unha Escritura Real en Arévalo do 3 de Xaneiro de 1174, Uclés pasou ao seu dominio. Ésta duraría no poder da Orde ata tempos dos RRCC.

Posteriormente a Fernández sucedéronno varios Mestres pero sen datos a destacar. Notorio foi, sen embargo, Pedro Arias que faleceu na batalla de Tolosa. Tras a morte de Alfonso VIII houbo problemas para a Orde pero logo foron solventados coa conquista de Xerez e posteriormente Úbeda e Córdoba. O maior estandarte nesta Orde foi Pelayo Pérez de Correa xa que sitiou Sevilla, conquistouna e o primeiro que entrou pola cidade vencida foi o Estandarte de Santiago, bendecido polo Papa e que según unha descripción do s. XVII:


Era de dos puntas y de dos varas de ancho por 5.5 caída; confeccionado de damasco rojo; el Apóstol Santiago caballero en un caballo blanco, figurando a un guerrero en gineta; una cruz grande con cuatro brazos iguales que remataban en forma de flor de lis, éstas de color blanco, y con cuatro veneras de oro sobrepuestas en los ángulos; en el reverso se reproducía el mismo dibujo1.

Tras varios mestrados ao longo dos anos volven os problemas, cando é elixido Xoán Padilla( “de enchufado·”) polo Rei Don Pedro I que nomeou a Padilla, irmán da coñecida Dona María de Padilla e os membros do grupo non o recoñecen, vencendoo preto de Uclés. Os seguintes membros faleceron en guerra con Portugal. A Orde restableceuse co Mestrazgo duradeiro de Lourenzo de Figueroa, artífice da creación do Convento de Santiago de Sevilla.

Seguiron logo de Lourenzo varios Mestrazgos ata xa en época dos RRCC cunha loita interna por lograr o cargo entre d. Enrique Manrique e d. Alonso de Cárdenas. Este último será o elixido polos RRCC poñendo fin á disputa. Acompañará aos reis na conquista de Granada.

Nesta Orde, recibe o nome de Trece o cabaleiro nomeado polo Mestre nalgún Capítulo xeral. Na Bula de Confirmación da orde expedida polo Papa Alejandro III en 1175 estableceuse a presenza de 13 frailes para a elección do Mestre e a súa axuda para as decisións. O nome de Trece trae un debate consigo: por unha banda, hai historiadores que afirman que ven da primeira reunión que se fixo para fundar a Orde, pola participación de 13 membros, que parece a idea mais axeitada.

A nivel documental, non hai existencia dos Trece ata 1212. a pertenza a este grupo era mais que complicada, e moitos deles renunciaban por responsabilidades e non poder asistir ás múltiples reunións que celebraban. A ausencia dun era reemprazada por outro tan so para o acto en si, era a chamada enmenda. A vestimenta para as reunións era a mesma sempre: unha capa negra e bonete, coma os priores.

Esta vestimenta foi restrinxida polo Papa Inocencio IV no 1246 ata ser restablecida polo Papa Alejandro IV.

Xa para concluír, a dignidade de Trece caeu durante moito tempo ata que foi restablecida en 1906 pola Bula do Santo Papa Pío X.

O traxe de ceremonia dos santiagueses consiste nunha capa blanca cunha cruz vermella en forma de espada, facendo flor de lis na empuñadura e nos brazos.

Bibliografía:

  • http://www.blasoneshispanos.com/OrdenesCaballeria/01-CuatroOrdEspa/02-Santiago/OmSantiago.htm

  • http://www.heraldaria.com/santiago.php

  • 1http://www.heraldaria.com/santiago.php