Colexio de San Clemente de Pasantes
Pequeno texto introductorio
Nome:
Sigla:
Tipo:
Datas (Fundación):
Fundador:
Sede:
Dirección:
Coordenadas:
Páxina Web:
Entidade Superior:
Foi fundado polo arcebispo Sanclemente no ano 1602 para a ensinanza de alumnos que xa tiveran completado os estudos regrados (de aí o de Pasantes), equivalente ao actual postgrado, albergando diferentes institucións públicas e privadas dende a súa creación: foi sede militar, eclesiástica, da Sociedade Económica de Amigos do País e, actualmente, é a sede do instituto de Bacharelato Rosalía de Castro.
Aínda que non se sabe con exactitude, o máis probable é que os planos sexan de Mateo López e do seu discípulo Jácome Fernández. O edificio, de dous pisos, é de planta cadrada cun patio interior. A fachada, de estilo plateresco, é moi similar á do Colexio de Fonseca, algo que parece indicar a búsqueda do arcebispo de seguir os pasos de Alonso III de Fonseca. O muro, que mostra unha gran horizontalidade, é moi sobrio, separando os dous pisos por unha sinxela moldura.
Tamén é de destacar a fonte situada fronte ao colexio, no mesmo lugar da súa primeira ubicación. Realizada por Jácome Fernández, presenta unha ampla pía para a auga estancada, emerxendo no medio un pedestal cúbico que fai de base a un piar decorado con motivos vexetais e rematado nunha grande cunca, con forma de copa de beber. Na cúspide sitúase o chafariz, culminado todo cunha bóla.
Imaxes:
Enlaces a datos e catálogos