Xohana Torres
Nace en Santiago de Compostela en 1931 e falece en Vigo o 12 de setembro de 2017. De pequena múdase a Ferrol onde pasa a súa xuventude e onde é alumna de Ricardo Carvalho Calero.
Comeza a publicar en revistas como Aturuxo, Vida Gallega ou Viveiros.
En 1957 estuda Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela o que lle impulsa o seu interese pola literatura galega. Escribirá poesía, teatro, novela, literatura infantil, ensaios e fixo algunhas traducións.
Nome completo: Xohana Torres Fernández
Datas: 1929-2017
Lugares: Santiago de Compostela-Vigo, Pontevedra
Campo de actividade: Literatura
Grupo asociado: Real Academia Galega
Ocupación: Escritoras; Poetas; Narradoras
Lingua: Galega
A proposta de Xosé Luis Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega no ano 2001.
Nas súas obras trata temas íntimos de Galicia, como pode ser a inmigración dende o punto de vista das mulleres. Máis concretamente, na súa novela Adiós, María (1971) faino dende o punto de vista dunha filla que queda na casa dos seus avós mentres os seus pais emigran. Un choque cultural ao que se lle suma a chegada de novos tempos no final do franquismo.
Recibe varios premios como o Premio de Poesía da Asociación da Prensa de Vigo, o Premio Castelao de teatro en 1966, Premio Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires, o Premio de Etnografía da Deputación de A Coruña, o premio Pedrón de Ouro, o Premio da Crítica e en 1992 a Xunta de Galicia outórgalle o premio á Creación Feminina.
A finais de 2017 abríuse en Santiago de Compostela a Casa das mulleres Xohana Torres, un lugar de empoderamento e transformación social dos colectivos feministas para unha construción mais igualitaria.
Bibliografía
El País: Muere la escritora Xohana Torres https://elpais.com/ccaa/2017/09/13/galicia/1505290955_211963.html (consultado o 7/2/2019)
González Fernández, Helena Xohana Torres, unha cicatriz fundamental. En: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 378, 2017 (Exemplar adicado a: Carlos Casares), págs. 681-684
Festa da palabra silenciada: Ano 1987, Número 4. Exemplar adicado a : Xohana Torres. Consulta en http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2001_Festa-da-Palabra_04.pdf (consultado o 21 de abril de 2020)
PENDIENTE ENLACES
Enlaces a datos e catálogos