Xavier Queipo

1.Xavier Queipo

Xabier Queipo é un escritor, nado en Santiago de Compostela no ano 1957 e que se inicia, segundo as súas verbas, “escribindo a man, nos vidros embazados da sala de xogos da Rúa do Preguntoiro”

Licenciado en Bioloxía e Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, dende o ano 1989 vive e traballa en Bruxelas.

Nome completo: Xavier Vázquez Álvarez

Datas: 1957

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Literatura; Bioloxía

Grupo asociado: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Ocupación: Escritores; Biólogos

Lingua: Galego

É un gran colaborador de portais e revistas, en publicacións como A Nosa Terra, Vieiros, Grial ou Luzes. Na actualidade colabora regularmente en Nós Diario

Entre as súas obras podemos destacar algunhas como Diarios dun nómada (1993), Mundiños, microfichas (1996), Malaria Sentimental (1993), ademais de escribir algo de poesía, por exemplo , Nos dominios de Leviatán (2001) .

Ademais da poesía e da narrativa, estamos ante un escritor polifacético que traballa diferentes mundos: narrativa, teatro, ensaio, traducións, ata performances. A escrita de Queipo caracterízase por incorporar ás súas tramas ambientes e escenarios universais, que localizan a acción nos máis remotos lugares.

A súa carreira esta chea de recoñecementos. Recibiu o Premio da Crítica Española no ano 1990 por Ártico e outros mares ou o recoñecido Premio Xerais no ano 2011 con Extramunde. Os kowa gañou o Premio Blanco Amor en 2015.

Bibliografía:

Imaxes:

  1. Xavier Queipo: Estevoaei, Xavier Queipo, CC BY-SA 4.0

PENDIENTE ENLACES

Enlaces a datos e catálogos