Encarna Otero Cepeda

1.Título da foto

Encarna Otero Cepeda é unha historiadora, escritora, profesora e política nacionalista galega nacida en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950.

No 1967, en plena ditadura de Francisco Franco e sendo aínda moi nova, comezou a militar activamente no nacionalismo galego. Debido a isto, exiliouse no 1971 a Toulouse (Francia), onde estudou a carreira de Historia na Universidade de Toulouse-Le Mirail, obtendo o título de licenciada no ano1975.

Nome completo: Encarna Otero Cepeda

Datas: 1950

Lugares: Santiago de Compostela

Campo de actividade: Política; Historia; Feminismo

Grupo asociado: Bloque Nacionalista Galega

Ocupación: Profesoras; Políticas; Historiadoras

Lingua: Galega

Durante esta estancia en Francia militou activamente no movemento antifranquista e, tras a morte de Franco, regresou á súa cidade natal.

No 1978 aprobou as oposicións de Xeografía e Historia, comezando a dar clases no Instituto de Bacharelato “Eduardo Pondal” de Santiago de Compostela.

Uns anos despois, no 1986, entrou a formar parte do “Seminario Permanente de Historia de COU”, publicando un libro de texto de Historia do Mundo Contemporáneo baixo a coordinación de Ramón Villares Paz. Tamén colaborou nun libro de sociais de 4º da ESO e participou, e participa aínda, en publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina ou Festa da Palabra Silenciada, realizando nesta última artigos sobre a muller na historia.

En 1982 entrou a formar parte do Bloque Nacionalista Galego, que estaba recentemente creado e en 1991, tras as eleccións municipais, faise concelleira do BNG e portavoz da Corporación Municipal de Santiago de Compostela.

En 1999 é a Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira Delegada de Conservación e Rehabilitación do Casco Histórico, de relacións no Consorcio da Cidade de Santiago e da Muller. Uns anos despois, no 2002 recibiu xunto ao alcalde Xosé Sánchez Bugallo o Premio Hábitat de Boas Prácticas, outorgado pola Organización das Nacións Unidas pola “protección e rehabilitación da cidade histórica e integración co seu entorno natural”.

Entre 2005 e 2009 foi directora xeral da Consellería de Vivenda no Goberno do bipartito galego.

En canto ao seu labor como escritora, publicou dous contos en Galaxia en colaboración coa ilustradora Elisa Gallego Picard, A serea do mundo e O blanco país sen neve.

Finalmente, no 2010, volveu exercer a docencia no IES Eduardo Pondal de Santiago e en 2013 participou nun documental feito en colaboración co Consello de Cultura Galega sobre as mulleres que traballaron no wolframio, A luz do negro.

A día de hoxe segue participando en asociacións como Proxecto Home ou a ONG Mujeres Implicadas por el Desarrollo.

Bibliografía:

Imaxes:


PENDIENTE ENLACES

Enlaces a datos e catálogos