Antonio López Díaz
Nacido en Cabarcos (Barreiros) en 1964, é un xurista e catedrático galego especializado en Dereito Financeiro que, na actualidade, ostenta o posto de Reitor da USC.
Estudou no Seminario de Mondoñedo, rematando bacharelato na mesma localidade. Rematou a súa licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986, doutorándose en 1991.
Nome completo: Antonio López Díaz
Datas: 1964-
Lugares: Cabarcos, Barreiros, Lugo
Campo de actividade: Ensino; Dereito; Universidade
Grupo asociado: Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación: Catedráticos; Reitores
Lingua: Castelán
Entre 1998 e 2002 formou parte do equipo reitoral de Darío Villanueva, sendo o encargado de Infraestruturas e de Coordinación do Campus. Tres anos máis tarde en 2005, é elixido decano en Dereito, e mesmo en 2007 foi elixido como Conselleiro de Contas polo Parlamento de Galicia, e presidiu a institución como Conselleiro Maior ata 2010.
En 2013 retorna á Universidade e preséntase para reitor cara ás eleccións de 2014, aínda que terá máis sorte en 2018, derrotando a Juan Viaño (2014-2018).
Nunha entrevista en abril de 2018, López Díaz postulou que habería que traballar pola renovación e equilibrio entre áreas, ademais de refinanciar a débeda e loitar por un plan de financiamento que mellorase a oferta e calidade da docencia compostelá.
Bibliografía:
Antonio López Díaz. (n.d.). Na Galipedia, a wikipedia en galego. https://gl.wikipedia.org/wiki/Antonio_L%C3%B3pez_D%C3%ADaz [Consultado o 8/02/20]
https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/viano-conseguiu-axustes-a-custa-de-recortar-profesores-estudantes-e-pas-e-de-facer-unha-usc-menos-competitiva [Consultado o 8/02/20]
Imaxes:
Antonio López: