Nas redes en Twitter @DesenoE en Instagram @desenoson
Proxecto inclusivo e colaborativo da Asociación Cultural Zalaeta, do programa Cultura Accesible e inclusiva de Fundación Emalcsa no que participamos con actividades de Tecnoloxía e Música, (implicamos á xardinería e á astronomía).
Colaboramos có CEE María Mariño, CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga), có CEE Elviña (Aspanaes), Agrupación astronómica e a Fundación ONCE. Compartimos prácticas de aprendizaxe, ensaios e actividades (concertos, demostracións, materiais audiovisuais, etc).
Con xogos de arrastrables e baseados na información sobre froiteiras galegas, ferramentas, e procedementos que nos aportadron os especialistas do CEE MMariño o grupo de TICS2 creou unha web para aprender con varios niveis de dificultade.
No curso 21-22 se crearon dúas webs con recursos e actividades:
Como parte das actividades para Deseño e Son pero tamén para o proxecto Talentos inclusivos.
Alumnado de varios cursos participou nas actividades coordinadas por Tono Frade e Guillermo Gil de CEE MMariño , con actividades de mellora da contorna, plantacións de maceiras e outras froiteiras, fieitos arborescentes e arces no noso IES.
Obradoiros de recoñecemento da flora e de sistemas de rego con alumnado de ESo e Bacharelato.
Creación de materiais de astronomía táctiles adaptados para personas con discapacidade visual. Deseñados por un grupo de Tecnoloxía de 3º de ESO despois de formarse nun obradoiro en ONCE e de aprender a usar planisferios con AAÍO. Presentado en diferentes eventos (Maker Faire, Día da Ciencia na Rúa, etc)
Deseñados tres modelos de dominó como reto para ASPACE por un grupo de Tecnoloxía de 3º de ESO despois de conectarse cos futuros usuarios e coñecer as súas necesidades.
Parte do proxecto Talentos Inclusivos de CITIC-UDC e ASPACE.
Alumnado de música de 4º de ESO,coa súa docente, creou composicións coa inspiración de imaxes do espazo, seleccionadas por AAÍO e explicadas por alumnado de Bacharelato de Bioloxía. Publicada en Listas de reproducción, en redes, e compartidas cós centros de educación especial.