Concurso Imaxina Coruña

Tres equipos representaron ao centro no Concurso Imaxina (organizado polos Museos científicos coruñaese e o Concello de A Coruña) na súa primeira edición. O tema proposto nas Bases era os materiais, os proxectos podían ser investigacións científicas ou propostas tecnolóxicas de obxectos que solucionaran necesidades gracias ás propiedades dos materiais.

En Zalaeta investigamos materiais singulares que se poden empregar na impresión 3d. Estes proxectos son unha parte dos resusltados. Moi bós traballos todos de alumnado de tecnoloxía de 2º de ESO que participou con moi bó nivel ao lado de grupos de cursos superiores.

Parabéns a tod@s!! Temos canteira en ZalaTecno.