MELLORA DA CONTORNA

Un Curso máis, o alumnado do centro de diversos niveis sae ao patio a facer traballos de mellora da contorna, coa finalidade de sensibilizarse co seu coidado, coñecer certo tipo de flora e participar no traballo conxunto que grazas á Fundación Emalcsa comezamos ocurso pasado co alumnado do ciclo de Xardinería e viveirismo do CEE María Mariño.

Estes traballos están sufragados, ademais de por Fundación Emalcsa, por Voz Natura, polo Club de Ciencia do Centro, pola Concellería de Servizos Sociais de A Coruña e polo propio instituto.

Prácticas inclusivas, obradoiros de recoñecemento da flora cercana, obradoiro de sistemas de rego, son algunhas das actividades realizadas durante o curso 21-22.

Máis información na web de Deseño e Son no apartado Xardinería e Viveirismo.

Coordinador das actividades en Zalaeta Tono Frade.