Cubos para ONCE
Cubos para ONCE
Alumnado de 3º Educación Dixital de 3º de ESO, participou no deseño de materiais adaptados para personas con discapacidades visuais ou cegas empregando a impresión 3d.
Deseñaron cubos temáticos con relevos adaptados para personas cegas.
Organizado por Paz Freire e Emilio González.
#culturaaaccesibleeinclusiva #STEAM
Para o deseño empregaron pictogramas de Arasaac e Freecad, montaron os cubos e documentaron o proceso con carteis e con vídeos.
Despois entregaron un lote de cubos para que os proben e usen personas usuarias da ONCE na súa sede.
Presentados ao público xeral na Cullerciencia e probados por moitos nenos-as cos ollos tapados tiveron moito éxito.