Nova participación en Cullerciencia con moi bó sabor de boca, unha feira moi divertida e sobre todo moi ben organizada. Participamos compartindo espazo de Zalatecno e CEE MªMariño e CEE NªSra de Lourdes.
Os docentes participantes foron Paz Freire, Emilio González con Guillermo de CEE MªMariño e Juan, Patricia e Rubén de CEE NªSra de Lourdes.
Alumnado de 1ºde Bac mostrou os proxectos de Talentos e os cubos temáticos do grupo de 3º para usuarios de ONCE.
Zalatecno na Cullerciencia 26, compartindo unha xornada de experiencias con CEE Mª Mariño e CEE Nª Sra de Lourdes, centros cos que compartimos proxectos e actividades inclusivas nos últimos cursos.
Na xornada Zalatecno presentou varios proxectos de Talentos Inclusivos para ASPACE de cursos pasados (Fenderino, letras con agarre, taboleiro de pictogramas) e Cruz Vermella ( apps para uso diario) e de cubos Rubik para usuari@s de ONCE.
Representantes dos tres centros foron protagonistas dunha entrevista na radio, emitida en directo, que esperamos poder compartir pronto.
Bravo pola organización desta feira👌👌🏾🎉#Steam# culturaaccesibleeinclusiva
E a nosa Entrevista en Radio Burgo con intervencións de docentes e alumnado dos tres centros.