Un Curso máis, o alumnado do centro de diversos niveis sae ao patio a facer traballos de mellora da contorna, coa finalidade de sensibilizarse co seu coidado, coñecer certo tipo de flora e participar no traballo conxunto que comezamos hai dous cursos có alumnado do ciclo de Xardinería e viveirismo do CEE María Mariño e o seu docente enxeñeiro de montes Guillermo Gil.
Prácticas inclusivas, de recoñecemento da flora cercana, plantación de roseiras comestibles, recoñecemento dos insectos interesantes no xardín, etc ... son moitas das aprendizaxes conxuntas deste curso 25-26(que son continuación das de cursos anteriores).
(Máis información das actividades de cursos pasados na web de Deseño e Son no apartado Xardinería e Viveirismo).
En Zalaeta podemos aprender moito con esta experiencia e con estes titoriais para grupos de ESO.
Colaboran neste curso os docentes Mª Xosé Castro, Andrés Rivas e Mar Fernández.
"Un ano máis desde o grupo de Xardinería e Viveirismo de CEE MªMariño seguemos a traballar no proxecto Deseño e Son do Club de Ciencia e Tecnoloxía do IES Ramón Menéndez Pidal, para aprender máis cousas, coñecer máis xente e loitar pola inclusión e integración social do alumnado con diversidade funcional.
Comentamos, nesta serie de titoriais (iniciada en cursos pasados) diversas cuestións importantes para entender como funciona un xardín: paxaros, roseiras, de fauna útil, de sebes, da importancia das sombras nun xardín... Recordade que isto é Botánica aplicada..."
é dicir, todos aqueles insectos ou ácaros que loitan contra as pragas que atacan aos nosos cultivos, tanto os hortícolas como os frutícolas, forestais, xardíns, etc.
"No curso en CEE Mª Mariño 2021-22 fixemos un hotel de insectos seguindo a idea que nos presentaron no IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo). Entramos desta maneira nun proxecto que pretende crear unha rede dos citados hoteis, cunha serie de obxectivos que poderedes atopar nestas ligazóns: https://twinspace.etwinning.net/204889/pages/page/2212944
Compartimos experiencias e presentacións de actividades no Día da Ciencia na Rúa e na Cullerciencia (ver apartados).