Este curso propoñémosvos un PDI sobre o porto de Marín, seguro que xa sabedes algo do noso porto, e supoñemos que estades dispostos a aprender moitas cousas máis. Lede a carta de Birlo para saber que vos propón.
Antes de empezar contestade estas preguntiñas. A ver canto sabedes do noso porto.
O día 5 de Marzo, as clases de 6º visitamos o Noso Porto.
A visita consistiu nunha charla para coñecer o traballo que se fai no Porto e despois nunha visita guiada en bus polos terreos do Porto.