Actividades 4º curso

4º Curso inicia os seus traballos acudindo ás explicacións das fontes orais.

"Chegamos a bo porto" con Chuco

Chuco foi un mariñeiro que nos explicou que os primeiros barcos eran de madeira, se durmía nunha tabla e daquela pensaban si iban comer ou non, non tivo zapatos ata os cinco anos; tamén nos contou que comenzou con trece anos e que deu a volta ao mundo tres veces: dúas en barco e unha en avión. As mozas levaban o peixe na cabeza ata o mercado. Nos contou como o porto foi cambiando dende que el comezou.

Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo. 4ºB

"Chegamos a bo porto" con Laura

Laura contounos que traballaba nunha empresa do porto que se adica aos moluscos, venden mexillóns, ameixas, algas... Que está moi satisfeita co seu traballo, aínda que é a máis pequena da empresa. Teñen unha máquina que limpa uns 50 kg de mexillóns nuns minutos; contounos que o que menos lle gusta do porto é que está moi sucio e o tránsito dos camións que transportan as aspas dos muiños de vento.

Noelia, Iván Suárez e Diego. 4ºB

"Chegamos a bo porto" con Benito

O día 28 de novembro veu Benito a explicarnos que había dous tipos de pesca: de arrastre e de red.Díxonos que o maior medo que pasara,foi unha vez que atoparon unha especie de ballena que estaba amarrada na barca e por pouco volca a barca.Dixo que para pescar sardiñas había unha rede onde engánchanse as cabezas e xa non saen.

Unha vez estaban pescando coa liña e pescou un tiburon martillo, liouse coa liña e case lle arrinca unha orella, quedoulle colgando e tiveron que coserlla no barco. E que Benito é todo un lobo de mar.

Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo. 4ºB

"Chegamos a bo porto" con Segundo

Segundo é un mariñeiro que traballou engraxando os motores dos barcos. Foi naúfrago, contounos que foi nunha balsa salvavidas e había unha pastilla que tomabas e xa non tiñas fame, eles non a tomaron porque en tres horas xa os recolleron. Contounos que se atoparon cun tiburón martelo que medía case coma unha aula e tamén contou que á hora de comer tiña que agarrar o plato porque se non caíache enriba.

Mateo, Lucía Barreiro, Yésika e Marcos. 4ºB

"Chegamos a bo porto" con Umberto

Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos". O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.

Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani. 4ºB

Visita ao porto de Marín

Os alumnos de 4º de primaria fomos visitar o Porto de Marin onde nos explicaron o seu funcionamento e fixemos unha visita guiada por un policia portuario que nos explicou as distintas zonas do Porto. Rematamos esta saída na empresa Mares de Galicia onde nos mostraron como elaboran e envasan os moluscos.

Traballos sobre o Porto de Marín

Recopilación de traballos de 4ºA

Recopilación traballos de 4ºB